Inicio Baixo Miño A Guarda A Mancomunidade do Baixo Miño mantivo unha nova xuntanza virtual para coordinar...

A Mancomunidade do Baixo Miño mantivo unha nova xuntanza virtual para coordinar medidas de desescalamento

As alcaldesas e alcaldes do Baixo Miño piden á veciñanza que coopere mantendo limpo a fronte das súas leiras

As alcaldesas e alcaldes do Baixo Miño piden á veciñanza que coopere mantendo limpo a fronte das súas leiras

No marco da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, esta semana as alcaldesas de O Rosal e Tomiño e os seus homólogos de Tui e A Guarda, mantiveron unha nova reunión virtual na que acordaron sacar un bando para apelar á responsabilidade da veciñanza para que esta bote unha man na limpeza das frontes de parcelas que dean á vía pública, habida conta de que, debido á crise do coronavirus, os municipios aínda non teñen funcionando ás persoas contratadas a través do Plan Concellos da Deputación para traballar na rúa, desbrozando ou limpando. A esta situación súmase o feito de que en moitos concellos algúns dos operarios de limpeza son persoal de risco e víronse reducidas as plantillas municipais.

Coñecer os plans de reactivación económica que cada concello está preparando e prever actuacións conxuntas para a apertura da fronteira, foron dous temas centrais da reunión

Na videoconferencia houbo tempo tamén para compartir os plans de reactivación económica nos que cada concello está a traballar, e coordinar accións comúns de cara a conseguir a apertura do pass fronteirizo de Cerveira-Goián, que permita ir e vir aos traballadores e traballadoras transfronteirizos, sen ter que desprazarse até a ponte internacional de Tui-Valença. “Continuamos moi preocupados pola situación das persoas que traballan do outro lado da fronteira e o que pedimos é que se habilite outro paso, controlado eficazmente para que só estas persoas poidan cruzar e desempeñar a súa labor profesional, como ocorreu en Villanueva del Fresno (Extremadura), grazas ás peticións do presidente desa Comunidade”, comentaron os rexedores tras a xuntanza.

Asemade, na reunión, os mandatarios falaron das medidas de desescalamento que van tomar respecto dos traballadors municipais; entre elas, a de favorecer o teletraballo, tentando conciliar a vida laboral e familiar dos empregados municipais e ao mesmo tempo volver á normalidade para atender á cidadanía, tanto ás persoas que o necesitan polo tema da crise, coma a aquelas que requiren  acompañamento e apoio para reactivar ás súas actividades empresariais e profesionais.

Mercados ambulantes

Por último, abordouse o tema dos mercados ambulantes, “que nos parece un lugar complicado para cumprir con todas as medidas de seguridade e desinfección, tal como están configurados eses mercados nos nosos concellos por iso agardamos ter máis instruccións. Estamos dacordo en que as actividades que se vaian reanudando o fagan con todas as garantías para evitar posibles contaxios”, sinalaron os alcaldes e alcaldesas nunha valoración posterior á videoconferencia.-

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies