spot_img
InicioVal MiñorBaionaA liga de Inverno Baitra J80 regresa a Baiona co Alboroto e...

A liga de Inverno Baitra J80 regresa a Baiona co Alboroto e o Solventis liderando a proba

a-liga-de-inverno-baitra-j80-regresa-a-baiona-co-alboroto-e-o-solventis-liderando-a-probaO sábado a partir das tres da tarde dispútase unha nova xornada da competición de J80 que organiza o Monte Real Club de Yates co patrocinio de Baitra Accesorios Navales

Revista Cousas De Nº20

Este sábado regresa a Baiona a liga de Inverno Baitra J80 co Alboroto de Javier Aguado e o Solventis Ribadeo de Malalo Bermúdez de Castro no máis alto da clasificación. A competición de monotipos organizada polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de Baitra Accesorios Navales, na que participan preto dunha vintena de veleiros, vivirá a súa cuarta terceira xornada a partir das tres da tarde.

O escenario, unha vez máis, estará situado o interior da baía de Baiona, e a meteoroloxía anúnciase algo máis benévola que nas etapas anteriores, na que unicamente se puido disputar unha proba por mor de diversos temporais de mar e vento.

Para esta ocasión, as previsións falan dun vento de compoñente sur que soprará con entre 15 e 17 nós, con refachos por encima dos 25. Espérase un día pasado por auga, con moitas nubes e precipitacións durante toda a tarde.

Tras a única xornada disputada e cunha única proba puntuada, o Alboroto de Javier Aguado, Javier Lago, Juan Lago, Ramón Lago e Yago Lago, chegará a esta segunda volta na cabeza da clasificación. En segunda posición séguelle o Solventis Ribadeo de Malalo Bermúdez de Castro, Pepe Lis, Alberto García e David Fontán. E pechando o podio provisional atopámonos ao Picacho de Miguel e Alberto Viejo, con Ricardo Lorenzo, Óscar González e Saul Zambrano na tripulación.

A cuarta posición ocúpaa o Grupo Puma de Santiago Estévez e a quinta o Cansino de Alejandra Suárez. O Ferralemes de Rosario García, o Luna Nueva de Juan Luis Tuero, o Due de Rafael Blanco, o Mondo de Bernardo Macedo e o Namasté de Luis de Mira están entre o sexto e o décimo posto.

CLASIFICACIÓN PROVISIONAL (TOP 10) LIGA DE INVERNO BAITRA J80

1. ALBOROTO • JAVIER AGUADO • MRCYB
2. SOLVENTIS RIBADEO • MALALO BERMÚDEZ DE CASTRO • MRCYB
3. PICACHO • MIGUEL VIEJO • MRCYB
4. GRUPO PUMA • SANTIAGO ESTEVEZ • MRCYB
5. CANSINO • ALEJANDRA SUAREZ • MRCYB
6. FERRALEMES • ROSARIO GARCÍA • MRCYB
7. LUNA NUEVA • JUAN LUIS TUERO • MRCYB
8. DUE • RAFAEL BLANCO • MRCYB
9. MONDO • BERNARDO MACEDO • MRCYB
10. NAMASTÉ • LUIS DE MIRA • MRCYB

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.