Unha representación de 14 de crianzas e adolescentes de diferentes centros educativos de Nigrán asumen o papel de voceiros da mocidade para os vindeiros 2 anos
O Concello de Nigrán estreou o 29 de febreiro un Consello Municipal da Infancia renovado tras elixir o alumnado dos centros educativos do municipio a cadanseu voceiro para os vindeiros dous anos. A concelleira de Educación, Estela Pérez Pérez, xunto á concelleira de Igualdade, Patricia Diego, e o alcalde de Nigrán, Juan González, deron a benvida no Salón de Plenos as novas nenas, nenos e adolescentes que se sumarán ao grupo (14 en total dos que repiten 2). Este primeiro encontro servíu para que se coñecesen entre eles e explicarlles polo míudo o seu traballo, que se visibilizará moi próximamente no pleno infantil anual.
“A partir de aquí celebraremos unha reunión cada 15 días na que nos trasladarán propostas, inquedanzas, dúbidas, etc. e, desde o Concello, traballaremos para facer un Nigrán máis amigable para a xente nova”, explica Estela Pérez, quen agarda que Nigrán sexa recoñecido a finais de ano co selo Unicef de ‘Cidade Amiga da Infancia’.
O Consello Municipal de Infancia, órgano de participación creado no ano 2021, ten como obxectivo que a xente nova do Concello poida participar activamente na vida pública, ofrecendo a súas visións, inquedanzas e propostas ao goberno local para que as cuestións que lles afectan, respondan as súas verdadeiras necesidades e facendo cumplir deste xeito o seu dereito a ser escoitados e tidos en conta.
O Concello de Nigrán conta ademáis con representación no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, que está integrado por representantes das nenas, nenos e adolescentes de toda a Galicia.