A praia da Ladeira en Baiona, compite por converterse na praia máis accesible de España na III edición de ‘La Playa Accesible de los Fans’, unha iniciativa levada a cabo pola multinacional ThyssenKrupp Encasa, empresa líder en solucións de accesibilidade.
Este distintivo concederase por medio de votacións a través da páxina web www.laplayamasaccesible.es, que se habilitará desde o día 1 de xullo ata o 15 de agosto, a partir das 9.00 horas.
A Ladeira opta a ser declarada como a praia mellor adaptada a persoas con mobilidade reducida, dentro da campaña posta en marcha pola multinacional ThyssenKrupp Encasa, e a súa candidatura foi proposta por usuarios do areal.
A iniciativa efectuarase a través das redes sociais e para iso os seguidores e fans propuxeron candidaturas á praia española mellor dotada, en canto a servizos de accesibilidade para persoas con problemas de mobilidade, co obxectivo de localizar a praia máis accesible de España e impulsar este turismo libre de barreiras.
A praia Ladeira está dotada de dúas cadeiras anfibias que teñen que ser solicitadas polos usuarios que o requiran ao persoal de Protección Civil que se ocupa da vixilancia das praias e axudan aos usuarios para entrar e saír da auga. Este areal tamén está provisto de tumbonas adaptadas para persoas discapacitadas adquiridas polo Concello de Baiona son totalmente plegables e están provista de dúas rodas para poder desprazala por calquera tipo de terreo e mesmo para poder acceder á auga.
Caracterízanse porque son fáciles de manexar por parte dunha soa persoa. Isto significa que aqueles usuarios que veñan cun acompañante poderán facer uso dela sen necesidade de que os asista persoal especializado, o que supón intimidade á hora de bañarse na auga para a persoa discapacitada. Ademais, os usuarios tamén poderán dispoñer de muletas anfibias, están pensadas para que o usuario poida camiñar comodamente pola area, para iso, a base ten unha superficie máis ampla de apoio que impide que a muleta se afunda na area, polo que poderán pasear tranquilamente con elas ademais poderán entrar e saír do mar dunha forma fácil e segura.
Ao compromiso da Concellería de Accesibilidade tamén se suma a Concellería de Medio Ambiente que mellora ano tras ano as pasarelas de acceso en todas as praias da localidade para que as persoas de mobilidade reducida poidan gozar dos areais nas mesmas condicións que o resto. Ademais, tamén se melloraron as sendas cara aos urinarios para que as persoas discapacitadas poidan acudir de forma totalmente autónoma, sen necesidade de ningunha axuda, ao servizo.
Ademais, entre os servizos que se prestan tamén se atopan atopar o de garda cadeiras, zonas de aparcadoiro e persoal dedicado á atención de persoas con algún tipo de discapacidade física.
“É un orgullo que sexan os propios usuarios do areais os que nos propuxeran para este galardón. Iso significa que están moi contactos con todo o material e o servizo que se lles ofrece ás persoas con problemas de mobilidade. Eu mesmo son usuario deste areal e cualifico o servizo de excelente. Preocúpome en comprobar persoalmente todo o que está relacionado coa accesibilidade. O Concello de Baiona reforza cada ano o Plan de Accesibilidade das praias do municipio. A Concellería de Accesibilidade continúa co seu compromiso para que as persoas con problemas de mobilidade poidan gozar do mar durante os meses estivais”, subliñou Policarpo Vilar, concelleiro de Accesibilidade do Concello de Baiona.
Baiona é o Concello de España que conta con máis praias equipadas e adaptadas ás persoas con mobilidade reducida. A Vila conta con catro dos seus areais entre os 30 mellor adaptados de toda España. Baiona ten un total de 3.860 metros linéales de praias, dos cales 3.420 son totalmente accesibles para as persoas discapacitadas: Ladeira 3.000m, Santa Marta 250m e Ribeira 170m. Ademais Baiona en 2015/2016 foi o único Municipio de España que ten a totalidade dos seus areais distinguidos co SICTED.




