Inicio Vigo e área Vigo A IX edición do Festival Primavera do Cine celebrarase en Vigo entre...

A IX edición do Festival Primavera do Cine celebrarase en Vigo entre o 15 e o 20 de setembro

A IX edición do Festival Primavera do Cine celebrarase en Vigo entre o 15 e o 20 de setembroDende a organización do Festival Primavera do Cine de Vigo comunican a decisión de adiar a celebración da 9º edición, inicialmente programada para a segunda semana de maio.

As novas datas de celebración serán do 15 ao 20 de setembro. Con todo, seguiremos atentamente as recomendacións e obrigas propostas polas autoridades sanitarias e as administracións competentes. A seguridade de público, cineastas e persoas convidadas será sempre o primeiro para nós.

Queremos aproveitar para expresar o noso agradecemento a todas e todos os cineastas participantes, as grandes calidades dos traballos recibidos supoñen os mellores azos para seguir traballando coa maior das ilusións nesta edición.

Así mesmo, non queremos desaproveitar a oportunidade de amosar o cartaz da nova edición (que aquí podedes ver e descargar), unha imaxe creada pola deseñadora María Llauger, quen xa leva catro edicións embelecendo a gráfica do festival. Agardamos que vos transmita a mesma ledicia e amor cara o cine que a nós.

Por último, desexamos manifestar a nosa máis profunda solidariedade coas vítimas do Covid-19, coas súas familias e a súa xente máis próxima; tamén o noso agradecemento a todas aquelas persoas que traballan cada día para que o mundo, malia todo, continúe xirando. Cando todo isto remate teremos moito que celebrar e, logo de abrazar a nosa xente (aínda que sexa mantendo a distancia de seguridade), deberemos tomar as rúas e dar o mellor de nós para colaborar na medida das nosas posibilidades na reconstrución de todo ese tecido local e social que agora mesmo está tan abafado. Contamos convosco.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies