spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA inicativa da biblioteca do CEP Santa Mariña (Redondela) leva a máis...

A inicativa da biblioteca do CEP Santa Mariña (Redondela) leva a máis de 400 escolares a compartir lecturas na rúa

a-inicativa-da-biblioteca-do-cep-santa-marina-redondela-leva-a-mais-de-400-escolares-a-compartir-lecturas-na-rua

Máis de 400 nenos participaron hoxe , en Redondela,  na actividade “LECTURA NA RÚA” para fomentar a lectura e conmemorar as Letras Galegas

Catrocentos trinta e un alumnos do CEP Santa Mariña e o EEI A Marisma de Redondela, de entre 5 e 12 anos, reuníronse hoxe no Paseo da Xunqueira para ler e compartir lecturas e convidar de paso a todos os que circulaban  polas inmediacións a que se unisen a eles nesta actividade. Con este fin dispuxéronse uns expositores con lecturas variadas, entre as que non faltaron as obras de Carlos Casares a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, para que todos os que o  desexasen poidesen dedicar uns instantes a gozar da lectura dentro desta especial iniciativa.

Así mesmo, os participantes recibiron a visita da Coca Simona que participou, como unha máis, nas lecturas e repartiu marcapáxinas conmemorativos do centenario de Gloria Fuertes cedidos pola editorial Susaeta.

Ademais, os nenos e nenas intercambiaron marcapáxinas, que foron elaborados por eles mesmos, e recibiron unha chapa conmemorativa do evento.

A continuación das actividades no exterior, o alumnado dirixiuse ao auditorio do Multiúsos para asistir a diversas actuacións entre as que destacou a de Paco Barreiro e así mesmo outras  dos propios nenos de infantil e primaria de ámbolos dous colexios

“Lectura na Rúa” foi unha inicativa da biblioteca do CEP Santa Mariña que contou coa colaboración do EEI A Marisma e as Bibliotecas Municipais de Redondela e nace con intención de continuidade

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.