Inicio Vigo e área Mos A inclusión a través da poesía visual na mostra “VIEIROS" no Pazo...

A inclusión a través da poesía visual na mostra “VIEIROS” no Pazo de Mos

A inclusión a través da poesía visual na mostra “VIEIROS" no Pazo de MosO Pazo de Mos acolle a inauguración da Exposición “VIEIROS”, con motivo dos actos de conmemoración do 8 de Marzo, DÍA DA MULLER

VIEIROS, trátase dunha mostra inclusiva e colectiva de poesía visual que reúne as obras dun grupo de dez mulleres con discapacidade intelectual do Centro EVD Galicia de Mos xunto a seis creadores de dilatada traxectoria artística como son Paco Vila Guillén, Mikel Jáuregui, Marcos Mesa, Franklin Fernández, Alfonso Aguado e David Fernández Rivera.

O conxunto de poemas visuais creados polas diferentes mulleres con discapacidade que participan na mostra, son froito dos obradoiros de poesía visual que impartiu o poeta e dramaturgo David Fernández Rivera, impulsor e director desta iniciativa, no verán do 2019 nas instalacións do Centro.

Con esta exposición preténdese reivindicar, non só a necesidade da poesía visual nesta sociedade, independentemente das características ou circunstancias das personas que a creen, senón tamén da inclusión como pilar básico dunha sociedade máis xusta, humana e comprometida.

“Vieiros” reivindica a autenticidade das personas como o motor fundamental para crear poesía, algo que é independente da condición ou capacidades de cada individuo, senón propio do humano, e o demostra a través dunha colección de obras de poesía visual de mulleres con discapacidade que se aúna nun mesmo espacio coa obra de seis dos poetas visuais actuais máis representativos de España e Hispanoamérica

Día: venres 6
Hora: ás 20:00 h
Lugar: Pazo de Mos

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies