spot_img
InicioVal MiñorNigránA igrexa de San Fiz de Nigrán acolle o seu I Certame...

A igrexa de San Fiz de Nigrán acolle o seu I Certame Internacional de Corais ‘Ars Canendi’

Foto: turismo de Nigrán

Participa o Coro de Cámara Ainur (Illas Canarias) e as corais Santiago Apóstol e Coro Encanto, ambas de Madrid. O evento estaba previsto para o ano 2020 pero tivo que ser aplazado pola pandemia

Revista COUSAS DE Nº13

 O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de Xullo a partir das 19:30 horas na Igrexa de San Fiz (Nigrán) o seu I Certame Internacional de Música Coral “Ars Canendi: As voces no Camiño” despois de dous anos paralizado pola pandemia. Finalmente, participarán neste concurso de música sacra o Coro de Cámara Ainur  (Illas Canarias) e as corais Santiago Apóstol (Madrid) e a súa sección xuvenil Coro Encanto. Ademais dos premios para o primeiro, segundo e terceiro clasificado haberá un premio especial de 500 € á mellor interpretación dunha obra composta para a ocasión, “Ave Maris Stella”, de Javier Fajardo. O xurado estará formado polos prestixiosos directores de coro Nuria Fernández, Joan Company, Javier Fajardo, Javier Domínguez e a mezzosoprano Nuria Lorenzo.

A concelleira de Cultura, Nuria Lorenzo, directora a súa vez do coro Gli Appassionati, quere “converter a Nigrán nun referente nacional e mesmo internacional da música coral de calidade” ao tempo que se propicia o intercambio de estilos, interpretación, educación vocal e diferentes maneiras de entender a música coral.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.