Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda suspende todos os eventos ata o 12 de xullo

A Guarda suspende todos os eventos ata o 12 de xullo

Porto da Guarda

Entre os eventos que se suspenden atópanse a festa das Alfombras Florais e a festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, dúas das celebracións que habitualmente achegan máis visitantes a vila Guardesa. Ademais estase traballando para que o concerto de Heredeiros da Crus, previsto para o 11 de xullo, se poida realizar a finais de verán.

O pasado 14 de marzo declarouse, polo Goberno Central, o Estado de Alarma pola emerxencia sanitaria provocada polo virus COVID-19, situación que está prorrogada ata o 26 de abril do 2020 e que se vai a ampliar ata o 10 maio.

Diante da incertidume que hai sobre a evolución da emerxencia sanitaria que estamos a vivir e dado que a programación e organización de eventos culturais, lúdicos, deportivos e de carácter turístico ten que facerse coa debida antelación, os responsables municipais mantiveron contactos con todas as asociacións e persoas implicadas na organización destes eventos, así como cos portavoces dos grupos políticos con representación municipal.

O obxecto destes contactos foi principalmente, trasladar por parte do alcalde, Antonio Lomba, a intención de aprazar ou suspender os eventos dos vindeiros meses no concello da Guarda. Todos os implicados manifestaron a súa conformidade en canto a esta decisión. Conscientes do esforzo e do tempo que leva organizalos, da imposibilidade de facelo nas actuais circunstancias, da incertidume sobre a obtención das autorizacións necesarias e as previsións da falta de participación, no caso de conseguir facelos.

Entre os principais eventos que non se celebrarán este 2020 no concello da Guarda atópanse dous que atraían un importante número de visitantes a vila, a festa das Alfombras Florais con motivo do día do Señor, prevista para o día 14 de xuño, e a festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, prevista para o primeiro fin de semana de xullo.

Dependerá da evolución da emerxencia sanitaria e das directrices a seguir que marque o Goberno Central, para tomar decisións sobre a celebración de eventos que, sen supoñer aglomeración de persoas, poidan ser referentes de ocio, entretemento e cultura para a cidadanía. Sabemos que da diminución de contactos entre as persoas depende o control desta pandemia, e sabemos tamén que a desescalada producirase de forma progresiva. Todos e cada un de nós debemos colaborar para acabar coa pandemia o que permitirá recobrar a normalidade nas nosas vidas no menor tempo posible.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies