spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda súmase á conmemoración do Día de Rosalía de Castro o...

A Guarda súmase á conmemoración do Día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro

A Guarda súmase á conmemoración do Día de Rosalía de Castro o 23 de febreiroUn deseño orixinal da artista Irene Silva centra a homenaxe, unificando as actividades didácticas en colexios e o reparto de marcapáxinas nas librerías.

O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, con motivo do seu 185 aniversario. Múltiples serán as homenaxes e actos de recordo a celebrar dende diferentes institucións da xeografía galega. A proposta da Guarda para este 2022 articulouse baixo a mirada artística de Irene Silva e o seu deseño orixinal Rosalía Total. A artista miñorana transportou ata o Porto da Guarda a esa Rosalía alegre e colorida creando unha bela estampa que estará a disposición da veciñanza guardesa a modo de marcapáxinas. Estes marcapáxinas, que incorporan breves extractos de obras rosalianas, atoparanse na  Biblioteca e nas librerías como agasallo ante o préstamo ou a compra de libros.

Mais o proxecto Rosalía total chegará tamén ata as aulas da man de Irene Silva e Fátima Granja coa actividade Poesía Cantareira na que ambas artistas traballarán a obra de Rosalía de Castro a ritmo de rap, rock e tamén musica tradicional. Esta proposta pecorrerá os cinco centros de primaria da localidade e o centro de educación especial San Xerome entre os días 22 ao 24.

Para rematar restaurantes e bares da Guarda sumáronse á campaña Caldo de Gloria que organiza directamente a Casa de Rosalía, ofrecendo á súa clientela un caldo o día 23 de febreiro, lembrando a receita do poema Miña casiña, meu lar, na que Rosalía deixara constancia da épica dos humildes. Os establecementos adheridos son: Arruaz, Art Café, As Pozas, Brétema, O Couto e O Forte.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.