spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda solicita a Portos de Galicia e Costas do Estado a...

A Guarda solicita a Portos de Galicia e Costas do Estado a anulación da taxa de terrazas do ano 2020

A Guarda solicita a Portos de Galicia e Costas do Estado a anulación da taxa de terrazas do ano 2020O concello da Guarda aprobou, no pleno extraordinario celebrado o 5 de maio, unha modificación da ordenanza fiscal de ocupación por terrazas. A nova redacción conleva a anulación da taxa por mesas e cadeiras en solo de competencia municipal. Trátase de tomar unha medida económica que non grave, durante este ano 2020, aos bares e restaurantes coa taxa de terrazas. 

Diante da situación de emerxencia sanitaria provocada pola pandemia orixinada polo virus COVID-19 que está a provocar graves prexuízos para a economía, o concello da Guarda está tomando unha serie de medidas para favorecer a recuperación económica, entres elas está a anulación da taxa de terrazas.

Ademais o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, adquiriu o compromiso de ampliar a superficie das terrazas de competencia municipal alí onde fora posible, recurrindo incluso a peonalización dalgunhas rúas se houbera demanda por parte dos establecementos.

Dado que dun bo número de terrazas atópanse en solo de competencia de Portos de Galicia e algunha de Costas do Estado, o alcalde dirixiu sendos escritos ás dúas administracións solicitando que de forma excepcional, durante o ano 2020, adopten as mesmas medidas que xa tomou o concello. En aras de facilitar a recuperación do sector da restauración, un dos máis castigados pola crise.

- Publicidade -spot_img