spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda reivindica a Feliciano Rolán cun multitudinario acto na Casa dos...

A Guarda reivindica a Feliciano Rolán cun multitudinario acto na Casa dos Alonso

A Guarda reivindica a Feliciano Rolán cun multitudinario acto na Casa dos AlonsoA Asociación Piueiro, o Concello da Guarda e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia impulsaron o evento no que se presentaba de forma oficial a edición bilingüe de “De mar a mar”, o poemario que Feliciano Rolán publicou en castelán no ano

Revista COUSAS DE Nº17

A Casa dos Alonso acolleu este mediodía un dos actos máis emotivos de cuantos organizou no seus case seis anos de existencia a Asociación Cultural Piueiro: a presentación dunha coidada edición bilingüe do poemario “De mar a mar”, de Feliciano Rolán. Un  evento que contou coa colaboración do Concello da Guarda, a secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta,  a editorial Alvarellos, o poeta, profesor e tradutor Anxo Angueira e o propio pobo da Guarda, cuxos veciños acudiron en gran número a homenaxear a un  dos seus, o escritor Feliciano Rolán (Vigo, 1907 – A Guarda 1935).

 

Coa tradución ao galego, “De mar a mar”, un conxunto de poemas que na  súa publicación orixinal recibiu o eloxio de autores como Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane, conta agora cun espazo preferente na colección “Rescate” da editorial Alvarellos, onde coincide con autores da talla de Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Vicente Risco ou Álvaro Cunqueiro.

“De mar a mar. Poemas 1932-1933”, a pesar de quedar  relativamente relegada tras a prematura morte do seu autor aos 27 anos, foi unha referencia para os membros da Asociación Piueiro, que traballaron sen descanso para difundir a obra, breve pero intensa, de Feliciano Rolán. E, concretamente, este libro de temática marítima é un dos preferidos dos veteranos pescadores e armadores guardeses.

 

Na presentación oficial celebrada esta mañá participaron Montse Magallanes, concelleira de Cultura da Guarda; Tito Chirro, pola Asociación Piueiro: Henrique Alvarellos en representación da editorial; Celso Fariñas como colaborador da obra; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Antonio Lomba, alcalde da Guarda. O evento contou coa actuación musical de Pablo Vidal (contrabaixo) e Clara Pino (arpa) e a colaboración da librería Ler.

A Guarda reivindica a Feliciano Rolán cun multitudinario acto na Casa dos Alonso

A nova edición do poemario conta cun ensaio de Gregorio Ferreiro Fente que clarifica a obra de Rolán, ademais de achegar imaxes, manuscritos e debuxos inéditos. Pola súa banda, Celso Fariñas debulla a biografía literaria do autor, que termina de entenderse na súa totalidade cos testemuños de Ricardo Carvalho Calero e Carlos Martínez-Barbeito, quen coñeceu ao poeta que é agora homenaxeado por Piueiro.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.