spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda rehabilitará a antiga vivenda dos mestres da escola da Poza...

A Guarda rehabilitará a antiga vivenda dos mestres da escola da Poza en Camposancos

A Guarda rehabilitará a antiga vivenda dos mestres da escola da Poza en CamposancosO Concello da Guarda ven de adxudicar as obras de rehabilitación da antiga vivenda de mestres da Escola da Poza en Camposancos.

A antiga vivenda dos mestres da Escola da Poza emprégase polo Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda e pasará a formar parte do Programa de vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, do cal o Concello da Guarda é unha entidade adherida. Como se viña facendo ata agora a vivenda está destinada para o seu uso por parte de aqueles colectivos que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade polas súas circunstancias económicas, persoais ou familiares.

O proxecto de rehabilitación comprende a modernización da mesma, mellorando o envolvente, as instalacións e os equipamentos, modificando parcialmente a súa distribución interna para facer a mesma máis funcional.

Esta actuación enmárcase nunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun orzamento de case 30.000€ e que se realiza en dúas anualidades 2019-2020

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.