spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda reclama a 2ª Fase da posta en valor do Castelo...

A Guarda reclama a 2ª Fase da posta en valor do Castelo de Santa Cruz

a-guarda-reclama-a-2a-fase-da-posta-en-valor-do-castelo-de-santa-cruz

Este luns estiveron no concello da Guarda dous deputados do parlamento español pola provincia de Pontevedra, Lola Galovart e Guillermo Meijón, nunha reunión de traballo co alcalde e os concelleiros do grupo de goberno da vila para concretar as enmendas que o Partido Socialista presentará en Madrid aos orzamentos do Estado sobre temas de interese para A Guarda que sexan competencias do goberno central.

A maioría das demandas do equipo de goberno guardés ao goberno de España coinciden coas de anos anteriores.

a-guarda-reclama-a-2a-fase-da-posta-en-valor-do-castelo-de-santa-cruz
Interior Castelo de Santa Cruz

Reclaman a execución da segunda fase da posta en valor do Castelo de Santa Cruz con cargo ao 1,5% cultural, seguen solicitando o estudo dun sistema sostible de transporte de vehículos e persoas entre España e Portugal e reclaman tamén a finalización dun tramo de senda peonil entre A Guarda e O Rosal como parte do proxecto da senda entre A Guarda e Salvaterra.

mais-de-120-caminantes-de-a-guarda-e-caminha-faran-xuntos-a-primeira-etapa-do-camino-portugues
Vista de A Guarda desde a praia de Caminha

Así mesmo, decidiron incluír nos proxectos demandados a Madrid a recuperación medioambiental do entorno da praia da Lamiña. O equipo de goberno solicitou tamén dos deputados que fixeran xestións para conseguir o apoio dalgunha administración que cofinanciase, vía convenio, o proxecto de Dotación de Servizos ao Monte Santa Trega para o cal o alcalde tamén buscará financiación na Deputación e na Xunta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.