spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda presenta a exposición ‘Escenarios da Prehistoria’

A Guarda presenta a exposición ‘Escenarios da Prehistoria’

presenta-na-guarda-a-exposicion-escenarios-da-prehistoria

O pasado venres 14 de outubro inaugurouse a exposición “Escenarios da Prehistoria” no Centro Cultural da Guarda. A este acto acudiron Antonio Lomba, alcalde da Guarda; Montse Magallanes, Concelleira de Turismo e Deputada Provincial; Elena Baz, Concelleira de Cultura e Begoña Fernández, técnica do Departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra.

Á inauguración achegáronse mais de 40 persoas que puideron apreciar unha mostra que  chega ó concello da Guarda tras estar en Marín, Mos e Cuntis, e que está organizada polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra dentro da programación cultural do Ano Castelao.

Nas 37 fotografías, que están acompañadas de textos que explican os xacementos que nelas se amosan; así como nas ilustracións e paneis explicativos que as acompañan, faise un percorrido polas mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia a través das fotografías de Federico de la Peña. Ademais, a exposición busca reflexar a preocupación que Castelao sempre mostrou polo noso patrimonio arqueolóxico e artístico e que deixou patente en obras como ‘As cruces de pedra na Galiza’.  É a idea de conservar o noso patrimonio a que vertebra a exposición ‘Escenarios da Prehistoria’, na que se pon de manifesto un dos bens patrimoniais máis relevante da provincia de Pontevedra, como é a súa riqueza en asentamentos prehistóricos de gran relevancia.

A mostra estará aberta ó público dende o venres 14 ata o luns 31 de outubro no Centro Cultural da Guarda. O horario, de luns a venres, será das 10 ás 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde; os sábados só en horario de mañá das 10 ás 13 horas.

Nestas datas os visitantes poderán desfrutar dunha exposición que se divide en catro grandes bloques temáticos: Asentamentos paleolíticos, Monumentos megalíticos, Petróglifos e Castros; e que ten como obxectivo principal poñer en valor o patrimonio da provincia de Pontevedra, dándoo a coñecer nos diferentes concellos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.