spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariado

A Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariado

A Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariadoEsta acción nace coa intención de crear unha bolsa de persoas voluntarias dependente do Concello da Guarda, que sexa unha ferramenta estable que acolla a toda persoa que por decisión propia e libre teña diversas inquedanzas para colaborar coa comunidade de forma desinteresada.

Durante a situación vivida durante o confinamento da poboación provocado pola crise sanitaria da COVID 19, o Concello da Guarda tratou de dar resposta a diversas circunstancias que se puxeron de manifesto, como a vulnerabilidade de moitos sectores da poboación con apoios sociais máis reducidos ou limitados, desenvolvendo un programa de apoio telefónico a persoas maiores que  viven soas. Esta pequena acción visibilizou a necesidade de procurar unha rede de apoio constante e comunitaria que se podería realizar dende o voluntariado.

A persoa voluntaria debe ter en conta que poderá participar en moitas e diversas actuacións como: acompañamento a persoas (maiores e/ou menores) accións medioambientais, eventos puntuais e tamén voluntariado en entidades ou asociacións municipais.

As persoas interesadas poden solicitar información na OMIX do Concello da Guarda a través das redes sociais ou do mail informacion@aguarda.es

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.