spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda organiza unha gran recollida de plásticos na costa

A Guarda organiza unha gran recollida de plásticos na costa

A Guarda organiza unha gran recollida de plásticos na costaO vindeiro domingo día 30 de agosto a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais “O Buxeiro” organiza, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda.

Esta actividade, que conta coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizarase por diferentes puntos da costa guardesa, tentando eliminar aqueles restos de plásticos que se atopen pola costa.

O punto de reunión será a Alameda da Guarda ás 8:00h da mañá, onde se repartirán guantes e bolsas e se explicará como será o funcionamento desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa. Faremos grupos pequenos para recoller en distintos puntos da costa: dende as Illas Orelludas, en Oia, até O Puntal na Guarda. Para iso, xa na propia alameda irémonos agrupando en grupos de 10 por orde de chegada de cara a respectar as normas de distanciamento social.

Esta actividade, que xa se fixo outros anos, ten como obxectivo principal concienciar á veciñanza guardesa en materia de residuos, xa que, moito do lixo que hai no mar pode chegar a el de forma directa tirándoo nel ou de forma indirecta a través das canles dos ríos ou por outras vías (aérea, etc.).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.