·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda foi o concello de Pontevedra coa maior taxa de doazóns...

A Guarda foi o concello de Pontevedra coa maior taxa de doazóns de sangue no ano 2020

A Guarda foi o concello de Pontevedra coa maior taxa de doazóns de sangue no ano 2020A Axencia Galega de Doazóns de Órganos e Sangue agradece aos veciños e veciñas da Guarda a súa solidariedade

A Directora da Axencia Galega de Doazóns de Sangue(ADOS), Dra. Marisa López García, remitiu fai uns días unha carta ao Alcalde da Guarda, para facer constar o agradecemento e a axuda recibida do Concello da Guarda coa labor de sensibilización social a prol da doazón de sangue.

A Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue é un servizo esencial no soporte da actividade asistencial dos nosos hospitais e as especiais dificultades que estamos a vivir trala declaración da pandemia. Así e todo a colaboración cidadá foi encomiable en Galicia o que supuxo poder atender as necesidades que se presentaron.

Dende ADOS e dende o Concello da Guarda se quere felicitar aos veciños e veciñas da vila que unha vez máis volveron a destacar como con concello de maior taxa de doazóns de sangue da provincia de Pontevedra, con 700 doazóns de sangue no ano 2020, o que representa 70 doazóns por cada 100.000 habitantes e ano, por riba das 40/100.000 habitantes que marca a OMS.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies