spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda entregou o Premio ao Mellor Pincho da Lamprea do Miño...

A Guarda entregou o Premio ao Mellor Pincho da Lamprea do Miño 2017

a-guarda-entregou-o-premio-ao-mellor-pincho-da-lamprea-do-mino-2017O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes entregaron hoxe o Premio ao Mellor Pincho da Lamprea do Miño 2017

Como acto de peche desta edición da Ruta do Pincho da Lamprea do Miño, este xoves 27 de abril o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Turismo, Montse Magallanes, entregaron os agasallos aos premiados no sorteo realizado entre os clientes participantes e o diploma ao Restaurante Bitadorna, gañador do Premio ao Mellor Pincho da Lamprea 2017.

Esta iniciativa celebrouse durante as dúas primeiras fin de semanas do mes de abril e  contou con 8 establecementos adheridos. Entre estes o pincho do Bitadorna, que combinaba a innovación co protagonismo que debía ter a lamprea como centro da creación, foi elixido como gañador polos votos dados polos propios clientes nas papeletas que deixaron nos establecementos como parte do concurso ao mellor pincho da ruta.

a-guarda-entregou-o-premio-ao-mellor-pincho-da-lamprea-do-mino-2017

Estas papeletas serviron ademais para sortear tres lotes de viño entre os clientes participantes, que tamén lles foron entregados esta mañá. O primeiro premio foi recollido polo agraciado,  Felipe Vicente González  (da Guarda) e consistiu en 3 botellas Rectoral de Umia (Albariño). O segundo e terceiro premio foron para  Benedicto Sousa Álvarez (de O Rosal), con 3 botellas Rectoral de Amandi (Mencía) e Rafael Pablo Rodríguez Amenedo (da Guarda), con 3 botellas de Alanís (Ribeiro) e acudiron familiares de ambos a recollelos.

Remata así esta exitosa edición dunha iniciativa na que se repartiron máis de 500 pinchos cos que se buscou promocionar un destacado produto local e que, como dixo o alcalde da Guarda, cada día máis xente veña á Guarda a desfrutar das variadas experiencias gastronómicas que ofrece. Así, queda todo o mundo convidado a visitar A Guarda e achegarse a próximas edicións desta Ruta.

 

 

- Publicidade -spot_img