·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda conmemora este domingo o Centenario do Lavadoiro da Fonte da...

A Guarda conmemora este domingo o Centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal

A Guarda conmemora este domingo o Centenario do Lavadoiro da Fonte da CalEste domingo día 19 de decembro ás 12:30h terá lugar na Fonte da Cal un acto para conmemorar o centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal

Neste ano 2021 cúmprese o centenario da construción do lavadoiro da Fonte da Cal, no barrio da Cruzada, acometida no ano 1921 por suscripción que iniciou en Puerto Rico don Brasilino Álvarez Sobrino, fillo deste barrio da vila guardesa.

Brasilino Álvarez Sobrino tiña daquela 27 anos e seguía a estela doutros guardeses da emigración que buscaron mellorar a calidade de vida dos seus conveciños, actuando directamente na mellora das fontes e lavadoiros, entón toscalleiros e descubertos, o que obrigaba a lavar a roupa á intemperie.

Neste acto contarase coas intervencións do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e do historiador local J. Miguel Villa, quen realizará unha breve contextualización histórica sobre A Cal, o seu Lavadoiro e sobre Brasilino Álvarez Sobrino, impulsor da súa construción.

Durante o transcurso deste acto, ao que está convidada toda a cidadanía guardesa, teremos a oportunidade tamén de escoitar a un grupo de 4 clarinetes, formado por Ana González Lorenzo, Sara Márquez Rodríguez, Nerea Fernández López e Lucía Lomba Alonso, alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, que interpretarán as pezas musicais “Danza Húngara nº5” de J. Brahms, “Hallelujah” de L. Cohen e “The enterneiner” de Scott Joplin.

- Publicidade -spot_img

Publicidade