spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda celebra o Día do Libro con variadas propostas

A Guarda celebra o Día do Libro con variadas propostas

O obxectivo da campaña céntrase en visibilizar a importancia da lectura e da literatura no noso día a día así como incentivar o consumo nas librerías da localidade

A Guarda celebra o Día do Libro con variadas propostasAs estatísticas nos din que na presente pandemia o tempo de lectura veuse incrementado marcando récords históricos, un costume que veu para consolidarse pois mantívose mais aló do tempo do confinamento estrito. Partindo deste feito e da premisa de que a lectura ao igual que o resto de propostas culturais nos aporta intanxibles que alimentan os nosos espírito, alegran o noso día a día e que agora necesitamos tanto ou incluso mais, nace a campaña en torno ao día do libro na Guarda con actividades que conteñen dende o agasallo de libros na rúa, a confección dun mural con choiva de ideas, dous espectáculos para nenos e a I Ruta do libro para premiar o consumo nas nosas librerías.
ESPECTÁCULOS INFANTÍS
As propostas escollidas para o entretemento das familias combinan o humor e a música. Así esta semana estrease o espectáculo “Riscando o Ceo” con clown, acrobacias e malabares na Praza do Reló o venres 16 de abril ás 19h. A cargo da compañía Circo Chosco que se inspirou no conto do Principiño porque nos ensina a ver a realidade desde perspectivas diferentes “deixando o importante para ver co corazón” crease unha proposta moi visual e próxima que fai ao público viaxar co perigo e a risa.
A vindeira semana será o momento para os mais pequenos, coa proposta “Contos do Chupete” da compañía Migallas, unha sesión de contos pensada para os mais pequenos da casa (0 a 5 anos) na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. A cita será no Centro Cultural o 24 de abril ás 12.00h. cun aforo moi limitado, precisa a inscrición previa no mail: aguarda.rbgalicia@eidolocal.es ou no teléfono 649 327 525 (de 17 a 20h), anotando só a un adulto acompañante por cada menor asistente.
AGASALLO DE LIBROS E MURAL NA BIBLIOTECA
Na semana propia do libro, a partir do día 20 iniciarase unha iniciativa de agasallo de libros en diferentes puntos da localidade, concretamente na sede do Concello, na Praza de Abastos e no Centro Cultural instalaranse uns puntos con libros para que os veciños poidan levar como agasallo. Estes puntos de agasallo contan coa colaboración de O Piueiro e a Comisión de Festas da Virxe do Carme, que prestaron e decoraron as tradicionais gamelas do Carme para unir á iniciativa a personalidade mariñeira da nosa vila
E xa na véspera do día do Libro, o 22 de abril, instalarase un mural no vestíbulo da Biblioteca tamén de temática mariñeira que invitará aos usuarios a completar con frases e mensaxes sobre o significado dos libros e a Biblioteca para os lectores, continuando a iniciativa que tan bo éxito acadara no 2020 a través das Redes Sociais.
I RUTA DO LIBRO
A última das iniciativas centrase xa no aspecto comercial dos libros incentivando o consumo de libros nas nosas librerías. A Guarda conta con 4 librerías o cal supón unha riqueza comercial e cultural e por iso dende o Concello quérese chamar a atención sobre esta importancia e fomentar o consumo de libros no noso pequeno comercio fronte a crecente venta online e recuperar a figura do libreiro como facilitador e asesor de novidades.
A proposta para este fin consiste en premiar a aqueles veciños que consuman un mínimo de 30€ en libros nas librerías guardesas. Estes veciños só terán que xuntar os tickets de compra que acrediten ese gasto e ensinalo na Biblioteca onde poderán recoller unha bonita bolsa para transportar libros.

O gasto de 30€ pode ser en 1 ou mais libros, así como en unha ou mais dunha librería. Iso sí, non se contabilizará o gasto en outro material a vender nas librerías como xornais, revistas, mochilas, material de papelería, etc…
Ademáis desta iniciativa, convén recordar que o mesmo día do Libro, o 23 de abril, as librerías realizan un 10% de desconto nos libros, polo que sempre é un bo momento para agasallar a un mesmo ou un ser querido.

- Publicidade -spot_img