spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda celebra esta fin de semana a 19ª edición da súa...

A Guarda celebra esta fin de semana a 19ª edición da súa Festa do Pez Espada

a-guarda-celebra-esta-fin-de-semana-a-19a-edicion-da-sua-festa-do-pez-espadaA Festa do Peixe Espada celebra esta fin de semana a súa 19ª edición. Darase comezo o venres 26 de xullo, co acto de inauguración no Concello ás 19:00 horas, onde tamén se dará entrega do premio do concurso infantil; desta vez, a Laura Santos Adrover.

Revista Cousas De Nº22

Xa o sábado, a asociación Piueiro organiza un obradoiro infantil con pintacaras na praza Avelino Vicente a partir das 11:00 horas. Ademais, abrirase a exposición etnográfica mariñeira da Asociación Piueiro no edificio Casa do Pescador, que terá un horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Para levar música as rúas, o Trebón dos Xidos fará un recorrido desde a praza de Avelino Vicente ata o Porto, tanto o sábado como o domingo pola mañá.

Para achegarnos ao mar, o volanteiro Piueiro ofrecerá saídas que precisan reserva previa na Oficina de Turismo da Praza do Reló ou no 986 61 45 46.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Durante a fin de semana 15 restaurantes ofrecerán diferentes tapas ou pratos que terán como protagonista o peixe espada. Deste xeito, mostran a variedade de formas nas que se pode consumir o peixe.

- Publicidade -spot_img