Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda acollerá os vindeiros 1,2 e 3 de xulio a XXVI...

A Guarda acollerá os vindeiros 1,2 e 3 de xulio a XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

guarda-acollera-os-vindeiros-12-e-3-de-xulio-a-xxvi-festa-da-langosta-e-da-cocina-marineira

Carmela Silva e Antonio Lomba presentaron o programa do evento, no que ademais de gastronomía, haberá música, cultura, deporte, turismo e lecer para nenos e nenas

O concello de A Guarda elixiu este ano a cidade de Pontevedra, en concreto o Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, para presentar a XXVI Festa da Langosta e da cociña mariñeira, que terá lugar os vindeiros días 1,2 e 3 de xullo no porto da vila. A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, explicaron a programación do evento e convidaron a todas as persoas a achegarse ao municipio para gozar de tres días dunha festa que dende 2014 xa está declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia.

A Presidenta resaltou a calidade dos produtos do mar que dende sempre se poden encontrar en A Guarda, pero sinalou que este concello non só é referencia para a gastronomía, senón que A Guarda tamén é paisaxe espectacular, cultura, historia, arte, patrimonio e xentes incansables que convidan a volver. “Temos que ir á Festa da Langosta para presumir de A Guarda e da provincia, xa que é un bo exemplo de que temos moito e moi bo que ofertar”, sinalou Silva, a quen seguramente veremos na Festa, “eu vou a estar en A Guarda os días 1,2 e 3”, afirmou.

Carmela Silva resaltou ademais a colaboración activa entre Administración e empresariado da vila nesta Festa, o que fai posible que se oferten langosta e outros máis de vinte produtos de mar e sobremesas aos visitantes. “Está claro que o mundo privado e público traballando xuntos logramos moitos mellores resultados que cada un polo seu lado”, salientou a Presidenta.

comillasO alcalde de A Guarda destacou da Festa “é algo que nos fai visibles fora de Galicia” e que o municipio foi unha potencia no mar e ahora e unha “potencia na oferta gastronómica da langosta”, que queda patente nesta nova edición da festa.

Pola súa banda, o alcalde de A Guarda destacou da Festa “é algo que nos fai visibles fora de Galicia” e que o municipio foi unha potencia no mar e ahora e unha “potencia na oferta gastronómica da langosta”, que queda patente nesta nova edición da festa. Con todo, Antonio Lomba explicou que os vindeiros 1, 2 e 3 de xullo haberá coma todos os anos unha oferta gastronómica incomparable, pero tamén haberá oferta deportiva, cultural e turística para todos os gustos. “Convidar a todos  e todas a gozar con todos os sentidos do pedazo de paraíso que é A Guarda e o Monte Trega”, concluíu o alcalde.

Durante os tres días de festa, a oferta gastronómica será ampla, coa posibilidade de tomar langosta, por suposto, pero tamén outros máis de 20 produtos de mar e sobremesas, como navallas, polbo, mexillóns ou a típica rosca de xema deste municipio do Baixo Miño. No apartado de música inclúense grupos de música tradicional, orquestras, unha noite de fado con artistas portugueses e tamén se lle dá espazo a dous grupos emerxentes de pop-rock de A Guarda.

comillasSimultaneamente á Festa da Langosta, tamén vai ter lugar a XXI Travesía a Nado no porto da Guarda, a Feira de Artesanía e a Exposición de Traxe Galego (na Casa dos Alonsos). Un tren turístico percorrerá as rúas da vila e tamén haberá visitas guiadas á rede de museos (Museo do Mar, Monte Santa Trega e Castelo de Santa Cruz).

Tanto a Presidenta da Deputación como o alcalde destacaron a importancia deste evento para promocionar A Guarda, xa que o turismo é un dos puntos fortes do municipio. Cómpre lembrar que en A Guarda está un dos lugares máis visitados de Galicia, o Monte Santa Trega, que cada ano visitan unhas 200.000 persoas e que cada ano medra en número de visitas. Precisamente, para mellorar na mellora deste enclave, a Deputación ten en macha -xunto co Ministerio de Fomento- un protocolo para a posta en valor do Castro de Santa Trega. En concreto, trátase dun proxecto que abrangue unha serie de actuacións en 18 xacementos galaico-romanos de toda a provincia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies