spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acollerá o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais 

A Guarda acollerá o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais 

A Guarda acollerá o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais O porto da Guarda celebrará do 11 ao 14 de xullo, o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial ( Culturmar) e que este ano terá como principal novidade temática a relación das tradicións marítimas e fluviais galego-portuguesas, contando coa participación de máis de 150 embarcacións de diversos países.

Dentro dos actos programados con motivo da celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, a Asociación Piueiro xa puxo en marcha varias iniciativas. Unha das máis destacadas é a construción dun ” volanteiro”, embarcación tradicional da que se teñen referencias desde o século XVII e que desapareceu na Guarda a principios do XX. Os traballos para dar forma a este navío están xa moi avanzados e antes do verán esperan poder soltar amarras. Outra é a actuación da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211, que despois do seu paso pola Guarda, volverá actuar o sábado 11 de maio en Santa María de Oia e o domingo 12 de maio no Rosal.Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211

A Asociación Piueiro
A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais PIUEIRO constituiuse en outubro de 2017, e dende o comezo conta coa participación de asociacións e de persoas a título individual. O seu ámbito de acción é o concello de A Guarda, aínda que por cuestión evidentes -o mar e o río non entenden de fronteiras- ten unha forte relación co resto de concellos da bisbarra do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués.

Entre os fins da asociación atópase recuperar arquivos, imaxes e demais documentación da historia mariñeira; desenvolver e fomentar actividades culturais variadas: e promocionar valores literarios, históricos, culturais, educativos e tradicionais, fundamentalmente respecto da cultura mariñeira. Ademáis de organizar o Encontro, na actualidade está a desenrolar exposicións e talleres formativos entre os rapaces e construindo un volanteiro con fondos propios e privados.

- Publicidade -spot_img