spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acollerá “A saia raíña”, unha exposición sobre o loito e...

A Guarda acollerá “A saia raíña”, unha exposición sobre o loito e a súa histórica relación coa muller

A Guarda acollerá “A saia raíña”, unha exposición sobre o loito e a súa histórica relación coa mullerA inauguración terá lugar o día 10 de novembro ás 20:00 h. na planta baixa do Concello. Durante a mesma proxectarase o documental e realizarase unha visita á exposición, guiada pola súa autora.

Revista COUSAS DE Nº15

A Casa dos Alonso da Guarda acolle do 10 de novembro ao 5 de decembro en horario de mañá a exposición “A Saia Raíña”. Trátase dunha exposición de testemuñas nos formatos de fotografía e audiovisual, froito do traballo de campo de Rita Más Ybáñez en diferentes aldeas e cidades galegas.

Foron entrevistadas máis de 60 persoas informantes, principalmente mulleres aínda enloitadas e tamén homes que falan do costume de gardar o loito, tanto temporal coma permanente. As viaxes coas cámaras, a gravadora e mailo caderno de campo percorreron as provincias de Pontevedra, Lugo, Ourense e A Coruña tanto no rural como no ámbito urbano.

As mulleres falan no documental das súas vivencias, da necesidade ou imposición de gardar o loito, das diferencias do costume entre homes e mulleres, e finalmente da súa evolución que tende a desaparecer no século XXI.

Rita Más Ybáñez é poetisa e escritora. Entre outros gañou o Premio Nacional de poesía Jaime Gil de Biedma (Segovia) e premios de poesía e vídeo creación das Mariñas (Carballo). Adicada a comunicación en medios e a etnografía, logo da súa formación audiovisual, é estudante de Antropoloxía Social e Cultural na UNED e realiza o traballo de campo e investigación etnográfica sobre o loito. Ten impartido conferencias e charlas na universidade, Concellos de Vigo, A Coruña, e Bibliotecas Provinciais dentro e fora de Galiza, e actualmente está traballando na próxima publicación do formato libro da monografía referida ao loito e o traballo de campo etnográfico resultado da exposición A Saia Raíña, mulleres galegas enloitadas no século XXI.

Esta actividade está promovida pola Concellería de Igualdade e o CIM da Guarda, e está subvencionada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

- Publicidade -spot_img