spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolle o 3 e 4 de Agosto a IV edición...

A Guarda acolle o 3 e 4 de Agosto a IV edición do Galifornia Beat

A Guarda acolle o 3 e 4 de Agosto a IV edición do Galifornia BeatA Guarda presentou a IV edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que terá lugar os días 3 e 4 de agosto de 2018 nas pistas deportivas e arredores no Porto da Guarda, cunha superficie total de 30,000 metros cuadrados.

O acto de presentación realizouse no Salón de Plenos do Concello, no que  interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Cultura, Elena Baz, así como representantes da Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento.

Para a Concelleira de Cultura, Elena Baz, o Galifornia é un evento que ben merece o apoio do Concello, non só pola gran cantidade de público asistente, senón pola variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas.

O Alcalde da Guarda valorou positivamente o extenso programa desta cuarta edición e amosouse sorprendido pola ambición dos seus organizadores, con exhibicións que só chegan á Guarda a través deste evento, aproveitando para anunciar que dende o municipio se está apoiando a práctica do skate, e que xa se conta coa autorización de Portos de Galicia para que no vindeiro ano sexa unha realidade o proxecto para a nova pista de skate na zona da Atalaia do Porto, unha actuación que se levará a cabo a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, xunto cunha ampliación do espazo xa existente, que será asumida con fondos propios, o que permitirá que para a edición 2019 o Galifornia teña un espazo novo, mellorado e con instalacións de moita calidade. Antonio Lomba tamén aproveitou esta presentación para anunciar que o pintado do Espigón Norte do Porto da Guarda iniciarase coincidindo coa celebración deste evento, engadindo unha mostra máis de arte urbano ao mesmo, unha actuación que será levada a cabo polos artistas locais Nuvi & Exfico.

En canto a programación desta cuarta edición Beatriz Fernández engadiu que este festival nace da necesidade do pobo dunha cultura multidisciplinar que conxuga verán, deporte, arte e música, contando cunha extensa programación de actividades coma sesión vermouth, concertos, graffitis, break dance, market place e moito máis.

No apartado musical o IV Galifornia Beat contará coas actuacións dos grupos Belgrado(Córdoba), Kings of the Beach(Vigo), Fuzzil(Portugal), Glitter & Litter(Pontevedra), Milhomes(A Guarda), Los Lombardi(Portonovo) e Crema(Gijón).

Destacou a organización do evento o WS Skateboard School, unha escola de skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte da man de profesionais. Tamén o BikeTrial, con deportistas que virán dende Santiago de Compostela a competir ou o Open de S.K.A.T.E. onde os trucos e acrobacias serán os protagonistas. Coma novidade a “Batalla de Gallos” ou a Peluq art, peluqueria e estética pola voluntade, onde os fondos serán destinados a organización do evento.

Programación:

Venres 3

12:00h Apertura Food Trucks y Market Place

14:00h Skate libre

19:00h Best Trick

20:00h Batalla de gallos

21:00h Concertos e Afterparty

Sábado 4

10:00h-11:00h Inscricións Street Sub 16

11:00h Street Sub 16

12:00h WS Skateboard School

13:00h Concerto de sesión vermouth

14:00h-16:00h Inscricións

16:00h Open S.K.A.T.E.

17:00h Open Street

18:00h Exhibición Biketrial

18:30h Masterclass Break Dance

20:00h Open Mini Ramp/Concertos

22:00h Entrega de premios

Fin: Afterparty

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.