spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Fundación Tierra de Hombres presenta a exposición "Unha viaxe solidaria e...

A Fundación Tierra de Hombres presenta a exposición “Unha viaxe solidaria e creativa á vida”

a-fundacion-tierra-de-hombres-presenta-a-exposicion-unha-viaxe-solidaria-e-creativa-a-vidaEste proxecto expositivo, que ficará aberto ata o 11 de maio, organízase co obxectivo de recadar fondos para o programa «Viaxe cara á vida» polo que nenos e nenas de diferentes países africanos poden vir a Galicia a seren operados

Revista Cousas de nº21

Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a Fundación Tierra de Hombres presentan na Sede Afundación Vigo a IV Exposición Colectiva «Unha viaxe solidaria e creativa á vida». Trátase dun proxecto expositivo colectivo no que participan coas súas obras 41 debuxantes, pintores e escultores galegos para recadar fondos en beneficio do programa «Viaxe cara á vida» organizado pola ONG.

A mostra poderase visitar ata o próximo 12 de marzo, de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h.

Na exposición, coordinada por Francis Marrouch e Pedro Bueno, participaron artistas como Soledad Penalta, Pilar Cancio, Marta Pardo de Vera, Pedro Bueno, Mercedes Molares ou José María de Urda, cuxas obras se poderán adquirir para colaborar coa Fundación Tierra de Hombres.

O PROGRAMA «VIAXE CARA Á VIDA»

«Viaxe cara á vida» é un programa sanitario promovido pola Fundación Tierra de Hombres, que facilita desde 1995 o traslado a España de nenas e nenos procedentes de países africanos cun baixo índice de desenvolvemento, entre eles Togo, Benín, Mauritania, Senegal, Marrocos e Guinea Conakry, para ser intervidos de diferentes e graves patoloxías que non poden ser atendidas nos seus lugares de orixe por falta de recursos e infraestruturas sanitarias adecuadas.

Durante este período foron operados máis de 700 nenos e nenas, máis de cen deles en Galicia, de cardiopatías, queimaduras ou problemas traumatolóxicos e maxilofaciais. No proxecto colaboran de forma altruísta hospitais da sanidade pública e privada (en Galicia, o Hospital Materno Infantil da Coruña, Hospital Clínico de Santiago, o Grupo Hospitalario HM La Rosaleda de Santiago de Compostela e o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo), equipos médicos, voluntariado e familias de acollida.

- Publicidade -spot_img