spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Fortaleza de Monte Real en Baiona converteuse por unhas horas en...

A Fortaleza de Monte Real en Baiona converteuse por unhas horas en estudio de luxo de Másterchef

MasterChef levou onte á noite aos seus espectadores ata o Val Miñor na súa proba de exteriores.

O programa de TVE, unha das apostas estelares da grella, con 2,5 millóns de espectadores na estrea, trasladóuse este domingo á comarca de Val Miñor, para render homenaxe a Galicia e a todas as persoas que sofreron as consecuencias dos lumes do pasado mes de octubre, en especial aos veciños de Chandebrito, unha das zonas máis afectadas pola catástrofe e o primeiro lugar onde se produciron vítimas mortais nos fatídicos incendios do pasado mes de outubro. Situada no  concello de Nigrán, esta parroquia está a afrontar na actualidade a súa reforestación con especies autóctonas, para debuxar de novo a súa antiga paisaxe chea de vida e beleza.

En aras de visibilizar o compromiso demostrado polo pobo galego coa súa terra e a súa heroicidade á hora de afrontar os incendios que o pasado outono supuxeron case oitenta mil hectáreas de superficie queimada, os concursantes, divididos en dous equipos, tiveron que cociñar un menú típico galego con produtos de alta calidade que foi servido polo alumnado de hostalería do centro pontevedrés de formación profesional Carlos Oroza.

O programa se colou entre os 5 primeiros Trending Topic a nivel estatal. “Aspirantes benvidos a Baiona a beiras do Océano Atlántico e fronte ás marabillosas Illas Cíes. Un lugar de beleza inigualable”, esta foi a entradilla que a famosa presentadora Eva González fixo da Real Vila antes de dar comezo á proba de exteriores do talent culinario máis visto da historia da televisión española.

Neste programa os aspirantes, baixo a supervisión dos chefs Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e  Samantha  Vallejo- Nájera, deron renda solta ao seu talento culinario e serviron un menú a 120 persoas (a maioria) afectadas polos devastadores incendios que sufriu Galicia en 2017. Para iso contaron coa axuda de Rafael Centeo, chef dun dos cinco restaurantes que contan con Estrela  Michelín nas Rías Baixas

a-fortaleza-de-monte-real-en-baiona-converteuse-por-unhas-horas-en-estudio-de-luxo-de-masterchefSegundo datos facilitados pola cadena, as imaxes de Baiona e a súa baía foron vistas por 2.365.000 espectadores e un 14,6 por cento de cota de pantalla. O programa foi o máis visto da cadea en todo o día. Esa repercusión tamén foi moi considerable nas redes sociais, con numerosos comentarios e varios millóns de visualizacións dunha emisión na que os grandes protagonistas foron o Parador de Baiona, as espectaculares imaxes da Fortaleza de Monte Real, ademais da cociña galega.

O vindeiro sábado ás 10.35 horas en TVE 1 emitirase de novo esta segunda entrega de ‘ MasterChef 6, cuxa proba de exteriores desenvolveuse no Parador de Baiona e que levou as imaxes da Real Vila de Baiona a miles de fogares españois. Os espectadores do programa convértense en potenciais visitantes do lugar unha vez divisada a espectacular beleza que ofrece o municipio e a súa comarca.

Propostas para todos os sentidos

Unha contorna de ilusión acolleu o coñecido  reality televisivo. Baiona, sinónimo de bo porto, conta cun característico casco antigo de rúas empedradas, declarado Conxunto de Interese Histórico-Artístico en 1993, e un carreiro litoral que une a praia da  Concheira e o espazo natural da Foz  do  Miñor polo que calquera visitante pode descubrir unha incrible mostra da flora e fauna autóctonas e propostas hostaleiras para deleitar padais de todos os gustos.

Próximo a Baiona atópase Nigrán, coñecido polas súas impresionantes praias de fina area nas que practicar todo tipo de deportes acuáticos e apuntarse a algunha das numerosas ofertas gastronómicas da zona. A beleza do Val Miñor enriquécese ademais co rico patrimonio arqueolóxico e as vistas que desde o  concello de Gondomar podemos gozar da serra do monte  Galiñeiro e a ribeira do río que dá nome ao val, de gran valor ecolóxico e ornitolóxico

- Publicidade -spot_img