spot_img
InicioCondado ParadantaA Festa do Viño do Condado do Tea pecha a súa sexaxésima...

A Festa do Viño do Condado do Tea pecha a súa sexaxésima cuarta edición con miles de persoas gozando dos seus caldos

A Festa do Viño do Condado do tea pecha a súa sexaxésima cuarta edición con miles de persoas gozando dos seus caldosDurante os tres días que durou a festa o público tivo a oportunidade degustar os viños e a gastronomía con música de diferentes estilos

Revista COUSAS DE Nº18

Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebrou a LXIV Festa do Viño do Condado do Tea coa visita de público que proviña non só da nosa provincia senón doutros puntos da comunidade e tamén da península.

 

Dende a inauguración da festa o venres 25 sucedéronse actividades diversas nas que non podía faltar a música cos grupos folclóricos e de baile de Salvaterra de Miño, charangas e coas actuacións de Lucky Duckies, A Roda, SondeSeu, Fanfarria Taquikardia, O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla. Previamente á inauguración foron moitos curiosos do viño e afeccionados os que puideron degustar os caldos nas catas comentadas que ofreceron as adegas e tamén no Túnel do Viño que nesta terceira edición duplicou a súa participación.

O domingo no acto de nomeamento de novos cofrades descubrimos tamén os viños deliciosos do ano que foron os seguintes: na categoría de Rías Baixas Tintos Terras do Sur, na categoría Albariños Aravo, Eido da Fonte e La Val e na categoría Rías Baixas Condado Señorío de Rubiós, Piñeiral Señorío de Rubiós e Arbastrum. A continuación o pregoeiro e novo cofrade o humorista, presentador e actor Roberto Vilar fixo lectura do pregón co recinto amurallado cheo de xente que continuo a festa durante o resto da xornada.

Ó peche da Festa do Viño do Condado do Tea supón o final do Verán Cultural que un ano máis aumentou as actividades para tódolos públicos e que sigue sendo referente na nosa comarca.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.