spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Festa da Bicicleta encherá de ciclistas un ano máis as rúas...

A Festa da Bicicleta encherá de ciclistas un ano máis as rúas do Val Miñor

a-festa-da-bicicleta-enchera-de-ciclistas-un-ano-mais-as-ruas-do-val-minor
Foto: Carmen Paredes, concelleira de Baiona; Juán Fernández, alcalde de Nigrán; Paco Ferreira, alcalde de Gondomar; Nuria Lameiro, concelleira de Gondomar e José Luis Sanromán, concelleiro de Nigrán

O Concello de Gondomar en colaboración cos concellos de Nigrán e Baiona organizan un ano máis A FESTA DA BICICLETA, que este ano alcanza a súa XXVIII edición.

Hoxe representantes dos tres concellos presentaron no auditorio Lois Tobío de Gondomar “A XXVIII edición da Festa da Bicicleta” que este sairá desta vila.

O día 17 de Maio “A Festa da Bicicleta” sairá de Gondomar a partir das 10.30 horas dende a Praza do Concello, pasando por Ramallosa e chegando a Baiona ás 11,30h. As inscripcións e entrega de dorsais ser 40 minutos antes de cada saida, así que todos os interesados/as en participar deberán presentarse o día 17 de Maio a partir das 9.45 horas coa súa correspondente bicicleta e casco (será totalmente obrigatorio o uso do casco e ter máis de 7 anos para poder participar) para formalizar a súa inscrición e recoller o seu correspondente dorsal identificativo.

Cartaz Festa da Bicicleta 2017Para os participantes que saian de Baiona a súa saída esta disposta no Parque da Palma ás 11,30 h. A mesma hora, dende o Pavillón de deportes de Panxón terán a súa saida os que o fagan dende Nigrán. Está previsto que na Ramallosa uniranse a caravana que ven dende Baiona e todos xuntos farán dende aquí o percorrido ata Gondomar.

A festa está organizada e deseñada para todas aquelas persoas (maiores de 7 anos) que sexan capaces de chegar ao ritmo do pelotón desde os seus diferentes puntos de saída.

Lembrar que será necesario estar polo menos 45 min antes da saída para tramitar a inscrición e recoller os dorsais.

O alcalde de Gondomar, subliñou que este evento conséguese ano tras ano co traballo conxunto dos servizos de deportes dos tres concellos e das súas respectivas policías locais.

Para maior información dirixirse :

BAIONA.- pavillón de Deportes Municipal ou chamar ao T: 986.356.558 e tamén se dispón de e-mail; deportes@baiona.org.

NIGRÁN.- 986 365 000 ou na web www.nigrán.org

GONDOMAR.-  608 748 393 ou no e-mail deportes@concellodegondomar.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.