spot_img
InicioBaixo MiñoA Feira do Viño volve este verán ao Rosal

A Feira do Viño volve este verán ao Rosal

A Feira do Viño volve este verán ao RosalCelebrarase os días 14, 15 e 16 de xullo con multitude de actividades culturais, gastronómicas e de lecer

Revista COUSAS DE Nº17

Concello e adegas camiñan da man para preparar unha nova edición da Feira do Viño do Rosal, que este ano recupera as súas datas habituais. O vindeiro mes de xullo a Praza do Calvario converterase un ano máis no escenario central de tres días nos que se programarán multitude de actividades culturais, gastronómicas e de lecer abertas a toda a veciñanza e visitantes.

A cita será os días 14, 15 e 16 de xullo, nos que a feira levará de novo ao centro urbano rosaleiro unha morea de actividades coas que facer gozar ao público e dar pulo ao dinamismo comercial que cada ano este evento xera na contorna.

“Recuperamos a esencia e as datas desta festa de interese turístico coa que cada ano promovemos o noso patrimonio enolóxico e amosamos ás persoas que nos visitan todo o que O Rosal pode ofrecer”, destacou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. A rexedora anima a toda a veciñanza e visitantes a participar na que será a XXXI edición da Feira do Viño do Rosal e desfrutar dunha experiencia inesquecible.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.