spot_img
InicioBaixo MiñoA Feira do Viño do Rosal retomará parte do seu carácter presencial...

A Feira do Viño do Rosal retomará parte do seu carácter presencial con todas as medidas de seguridade

Presentación da Cofradía Cabaqueiros do Viño do RosalConcello e adegueiros xa traballan man a man para poñer en marcha unha XXIX edición adaptada ás novas circunstancias

Concello e adegueiros traballan xa man a man para poñer en marcha unha nova edición da Feira do Viño do Rosal adaptada ás novas circunstancias. O obxectivo é recuperar parte do carácter presencial para celebrar a XXIX edición os vindeiros 16, 17 e 18 de xullo cun programa no que se combinarán retransmisións en directo a través de Internet con actividades ao aire libre “que devolverán parte da súa esencia a esta festa de interese turístico”.

Tendo en conta a evolución da situación sanitaria e as restricións que se prevén aínda vixentes durante a celebración desta nova edición da Feira do Viño, a organización traballará para implementar todas as medidas de seguridade necesarias nas actividades presenciais, que contarán, por exemplo, con limitación de aforo. “Un ano máis readaptámonos á realidade que estamos a vivir e apostamos por continuar facendo da nosa feira un evento singular, capaz de adecuarse á situación que estamos a vivir”, sinala a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.

A feira continuará coa promoción do sector vitivinícola a través dunha experiencia innovadora e participativa con actividades vinculadas á posta en valor do produto pero tamén á cultura, ao deporte ou a que nos permitan coñecer algo mellor as adegas da vila

Deste xeito, a feira continuará coa promoción do sector vitivinícola a través dunha experiencia innovadora e participativa con actividades “vinculadas á posta en valor do produto pero tamén á cultura, ao deporte ou a que nos permitan coñecer algo mellor as adegas da nosa vila. A feira converterase nun tributo aos caldos con Denominación de Orixe Rías Baixas subzona O Rosal na que saborear as distintas variedades destes viños, pero tamén nun evento co que a veciñanza poderá coñecer un dos sectores máis importantes da contorna e desfrutar de xornadas de lecer”.

Concello e adegueiros celebraron xa as primeiras reunións para pechar unha nova programación na que as actividades presenciais seguras convivirán con iniciativas ideadas para que miles de persoas poidan continuar desfrutando da Feira do Viño do Rosal a través de canles dixitais e de ferramentas como o vídeo ou o streaming.

- Publicidade -spot_img