spot_img
InicioVal MiñorBaionaA exposición temporal sobre a pesca do bacalao "A Campaña do Argus",...

A exposición temporal sobre a pesca do bacalao “A Campaña do Argus”, desembarca na Casa da Navegación de Baiona

A exposición temporal sobre a pesca do bacalao A Campaña do Argus, desembarca na Casa da Navegación de Baiona A mostra, multidisciplinar e de esencia marítima, poderá visitarse na Casa da Navegación de Baiona ata o próximo 31 de xullo

Despois de partir do Aquarim Finesterrae, a Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (REMA) continua a singradura da mostra temporal “A Campaña do Argus”, unha exposición cedida polo Museo Marítimo de Ílhavo (Portugal) e que desembarca na Casa dá Navegación.

O público poderá contemplar o traballo realizado polo reporteiro do National Geographic Magazine e oficial da Armada australiana, Alan Villiers, que en 1950 acompañou aos pescadores portugueses na procura de bacallau nos caladoiros de Terranova, en Canadá. Villiers viviu máis de cinco meses como camarada dos pescadores portugueses. Desa viaxe poderá verse unha colección de fotografías sobre a súa experiencia a bordo do Argus.

No acto de inauguración participaron o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a concelleira de cultura, Miriam Costa, e Elena Herbello Xerente en Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda

A mostra inclúe tamén exemplares da primeira edición do libro A Campanha do Argus, considerado un clásico da literatura marítima mundial e que retrata a campaña de pesca do bacallau. Por outra banda, durante a exposición, no auditorio da Casa da Navegación proxectarase a película The Bankers – The Voyage of the Schooner Argus, de martes a sábado en horario de 12:00 e 18:00 horas.

Con esta iniciativa preténdese poñer en valor a cultura mariñeira como elemento de unión, promoción e intercambio cultural entre as diferentes zonas costeiras atlánticas. A exposición A campaña do Argus poderá visitarse en Baiona ata o próximo 31 de xullo.

A exposición temporal sobre a pesca do bacalao A Campaña do Argus, desembarca na Casa da Navegación de Baiona

As barcas lixeiras chamadas “doris” ou “dorys”
Os pescadores de bacallau portugueses mantiveron esta técnica de pesca ata 1972 cando o veleiro de catro mastros Creuola completou a súa derradeira viaxe a Terranova.
O uso de barcas lixeiras chamadas “doris” ou “dorys” coñecidas desde o século XVI: con 4-5 metros de eslora e pouco fondas, sen bancais, coa proa e popa moi arrufadas, o que as dotaba de boa navegabilidade, tiñan ademais a avantaxe da súa lixeireza o que permitía almacenalas na cuberta, encaixadas unha enriba doutra, ocupando pouco espazo.
As doris e os tripulantes, un en cada unha, depositados na mar pola nave principal, con alimento para unha xornada, afastábanse seguindo un traxecto radial, lanzando 24 palangres de máis de 100m cada un. A elaboración do peixe facíase a bordo do barco.
Os riscos que corrían estes pescadores eran importantes, polos temporais e as néboas densas. O traballo arreo, medido polo número de linguas de bacallau, obrigaba a faenar mesmo en condicións moi adversas. Mariñeiros vascos confirmaron que nos anos 50-60 tiñan recollido en numerosas ocasións a tripulantes portugueses de doris perdidos na mar de Terranova. //Fonte Casa da Navegación
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.