spot_img
InicioBaixo MiñoA exposición “De Pontevedra a Río 2016” estará no Rosal ata o...

A exposición “De Pontevedra a Río 2016” estará no Rosal ata o 23 de abril

De Pontevedra a Río 2016”, exposición organizada pola Deputación de Pontevedra e que mañá martes 11 de abril inaugurará a deputada provincial Chelo Besada, ás 13.00 h. na sala de exposicións do Concello do Rosal.

A exposición permanecerá no salón de exposicións da vila rosaleira dende o mates 10 ata o domingo 23 de abril, día que tamén se celebrará a Feira do Libro na plaza do Calvario.

“De Pontevedra a Río 2016, exposición fotográfica coa que a institución provincial quere rendir homenaxe tanto aos xogos olímpicos comoa aos xogos paralímpicos.

Esta exposición itinerante comenzou a súa xira no pazo Provincial de Pontevedra no pasado mes de outubro e segue percorrendo diversas localidades da provincia.

No Rosal permanecerá ata o domingo 23 de abril, e o seu horario será de 10.00 a 14.00 polas mañás e de 16.00 a 20.00 pola tarde.

A exposición recolle o palmarés das/os 16 deportistas olímpicos e paraolímpicos da provincia de Pontevedra, en paneis indiciduais nos que se pode ver as súas traxectorias.

Os 16 de Río 2016 son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

 

 

- Publicidade -spot_img