Inicio Pontevedra Baixo Miño A Eurocidade conmemora o aniversario da vella Ponte Internacional cunha exposición simultánea...

A Eurocidade conmemora o aniversario da vella Ponte Internacional cunha exposición simultánea en Tui e Valença de Puskas

TCon motivo do 133 aniversario da inauguración da vella Ponte Internacional a Eurocidade Tui-Valença organiza unha exposición do artista Puskas, que amosará a súa obra de xeito simultáneo no Arquivo Municipal de Valença e na Área Panorámica de Tui.

A inauguración será mañá venres, 22 de marzo,  comezando ás 18.30 hora galega no Salón nobre da Cámara Municipal de Valença coa inauguración do Mural da Eurocidade, un acto no que actuará a cantante galega Andrea Pousa.

A continuación terá lugar a inauguración das exposicións nas que Puskas amosará a súa obra na que plasma diferentes elementos da Eurocidade coma as súas paisaxes, monumentos, santos, etc. Será ás 19.00 h no Arquivo Municipal de Valença e ás 19.30 h na Sala de Exposicións Municipal de Tui, na Área Panorámica.

Como peche actuará novamente Andrea Pousa. As exposición poderán visitarse ata o 30 de marzo.

José de Barros, Puskas, é un pintor contemporáneo natural de Monçao. Autodidacta na súa formación mestura varias correntes artísticas na súa obra, que conta cun selo persoal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies