spot_img
InicioCondado ParadantaA Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia traballa...

A Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia traballa na recuperación do león alado da Fonte de Troncoso

Nos últimos anos o abandono deste edificio do ano 1909 e foi realizado polo famoso arquitecto Antonio Palacios, desembocou nun paulatino colapso da estrutura, ó que se lle engadiu moi recentemente o roubo dunha parte da varanda de ferro modernista. En concreto, desapareceu un dos postes da escaleira que representa, entre outros motivos, un león alado.

Revista COUSAS DE Nº13

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia comeza unha nova campaña de traballo estival adicada, neste caso, á recuperación dun elemento decorativo da Fonte de Troncoso de Mondariz – Balneario

A pasada semana varios integrantes da Escola executaron a realización dun molde e réplica de varios elementos decorativos da varanda de ferro da Fonte de Troncoso, no lugar do Saidoiro.

O proxecto será executado grazas á colaboración entre o arqueólogo e historiador local Alberte Reboreda e o profesor da Escola especialista en escultura, Xosé Antonio  Quinteiro 

O concello de Mondariz-Balneario, propietario do edificio, autorizou a realización deste molde como unha primeira medida de conservación, pensando nunha futura fase de restauración integral.

DENUNCIA DO ROUBO

A Plataforma SOS Fonte de Troncoso foi quen denunciou ante as autoridades o roubo de parte da varanda modernista da escaleira que dá acceso á fonte deste edificio de Mondariz-Balneario. Destaca a entidade que “en concreto foi roubado un dos postes de fundición que decoraban a varanda que permite acceder á fonte desde a porta leste, que aparecía coroado por unha cabeza de león alado con corpo de voluta vexetal”.

Memoria da Fonte de Troncoso. Unha obra de Antonio Palacios en proceso de recuperación

O espolio ademais provocou danos nun dos balaústres da escaleira de fundición “que perdeu o motivo vexetal que o coroaba e servía de soporte ao pasamáns”. A entidade lembra que o conxunto da fonte foi deseñado polo arquitecto Antonio Palacios, aínda que apunta que a súa autoría non pode aplicar, en principio, ao balaústre. “Este tipo de balaústres están presentes noutras arquitecturas de principios o século XX da bisbarra de Vigo e Pontevedra”, sinala o comunicado, que advirte tamén que “non acontece o mesmo co poste en forma de león alado roubado, para o que non coñecemos paralelos en ningún outro lugar”.

A Plataforma lembra que o edifico da fonte está “nun estado de conservación deplorable” e que levan anos a reclamar a súa recuperación. A campaña conseguiu apoio de entidades coma o Colexio de Arquitectos de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. A entidade reclama agora o feche inmediato do acceso da este edificio emblemático para evitar novos roubos e que se acometan as comprometidas obras de recuperación.

- Publicidade -spot_img