spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo oferta 183 prazas...

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo oferta 183 prazas gratuítas para os niveis básicos e de iniciación

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo oferta 183 prazas gratuítas para os niveis básicos e de iniciaciónA Escola Municipal de Artes e Oficios manterá aberto o período de inscrición ata o 7 de setembro para acceder a calquera das 183 prazas vacantes nos niveis básicos e de iniciación. Cun orzamento de 1,2 millóns anuais, conta con 500 alumnos aproximadamente que reciben a súa formación de balde

Revista COUSAS DE Nº13

O período de preinscrición na EMAO remata o 7 de setembro para solicitar calquera das 183 prazas dispoñibles para os niveis básico e iniciación, para as que non se require ningún coñecemento previo.

A partir do 8 de xullo, abrirase un prazo extraordinario para acceder a praza vacantes de niveis superiores por convalidación.

Na actualidade son uns 500 os alumnos que reciben esta formación gratuíta nas seguintes especialidades: pintura, debuxo artístico, talla e escultura en madeira, ourivería, artesanía en coiro, encaixe de palillos, moda e confección, construción artesanal de instrumentos musicais (zanfoña e gaita), cerámica artística e serigrafía artística.

A preinscrición realizarase vía internet ou presencialmente (excepto en agosto) e toda a información está dispoñible na páxina web.

A EMAO funciona desde 1886 de xeito inninterrompido e, desde 1990, nos mesmos edificios. Ten unha biblioteca especializada en artes aplicadas e oficios artísticos, cun fondo antigo e contemporáneo moi interesante.

A escola conta con 12 profesores que, aínda que a están contratados de xeito indefinido, forman parte do proceso de estabilización que o Concello vén de publicar, o que significará a estabilidade completa do cadro do profesorado.

Orzamento

A EMAO conta cun orzamento de 1,2 millóns anuais, una das partidas do Concello de Vigo adicadas a ensinanzas especiais, cun montante total de 2.164.000 euros. A Escola de Música recibe 446.000 euros; a Escola de Teatro, 102.000 euros; a de Danza, 150.000 euros e, por último, a Etrad, 256.000 euros

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.