spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Escola de Igualdade María Vinyals, situada no Castelo de Soutomaior, acolle...

A Escola de Igualdade María Vinyals, situada no Castelo de Soutomaior, acolle a xornada ‘Muller e liderado’

Castillo de Soutomaior

A iniciativa completou o aforo e 110 persoas asistirán ás charlas e obradoiros que se desenvolverán na Escola de Igualdade María Vinyals

Este xoves 29 de setembro a Escola de Igualdade María Vinyals, situada no Castelo de Soutomaior, acolle a xornada da Deputación de Pontevedra “Muller e liderado. Ferramentas e estratexias para mellorar o teu liderado!”. A xornada logrou completar o aforo despois de amplialo ante a alta demanda de solicitudes de participación e, deste xeito, serán 110 as persoas que participen na mesma.

O programa da xornada desenvolverase da seguinte maneira: ás 9:00 horas será a benvida, ao cargo da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a Deputada de Igualdade, Isaura Abelairas. Despois, ás 9:15 horas, terá lugar unha mesa de experiencias (“Son bos tempos para o liderado feminino!”) á que seguirá a primeira quenda de obradoiros simultáneos (as persoas que se inscribiron tiveron que escoller un deles), sobre ferramentas para o liderado feminino, ás 10:00 horas. Ás 12:00 horas comezará a segunda quenda de obradoiros simultáneos sobre estratexias para potenciar o liderado e, ás 13:30 horas, un novo relatorio baixo o título “Existe un estilo de liderado feminino? Muller e poder”. No blog oficial da xornada, http://www.mullereliderado.com, pódese atopar máis información sobre o programa e as mulleres poñentes.

A presidenta, Carmela Silva, asegurou que “trátase dunha xornada de altísimo nivel, e ten que servir para lle dar visibilidade a un mundo diferente, onde as mulleres podemos ocupar o espazo que nos corresponde e así poder aportar á sociedade”. A Presidenta provincial sinalou, ademais, que tamén hai que visibilizar “todas as mulleres que lideran moitos proxectos de enorme importancia pola súa capacidade económica pero tamén pola súa innovación, polo uso de novos instrumentos… E tamén dotalas deses instrumentos que as poidan converter en líderes”.

A xornada pretende crear un espazo de aprendizaxe e intercambio no que analizar o liderado feminino e dar resposta ás necesidades do mercado actual respecto ao autoliderado e ao liderado de equipos, a través de conferencias, exposicións e obradoiros cun fin divulgativo e formativo. Ademais, contribuirá ao empoderamento das mulleres e ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

Muller e liderado” está dirixida a todas aquelas persoas que queiran mellorar o seu liderado persoal e profesional,  e descubrir ferramentas e estratexias que lles permitan desenvolver a súa capacidade para autoxestión de persoas e equipos, ou axudar ao desenvolvemento doutras persoas: mulleres líderes, directivas, mulleres emprendedoras, organizacións públicas e privadas, profesionais de recursos humanos, orientadoras e orientadores laborais e profesionais ou persoas con interese en estratexias de liderado e xénero.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.