Inicio Baixo Miño A Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira concede o ámbito europeo á Organización...

A Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira concede o ámbito europeo á Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.)

a-direccion-xeral-de-ordenacion-pesqueira-concede-o-ambito-europeo-a-organizacion-de-palangreiros-guardeses-or-pa-guA Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.), recibiu o recoñecemento oficial de carácter transnacional por parte da DG de Ordenación Pesqueira.

A resolución vén amparada polo novo marco da OCM e foi comunicada á Comisión Europea e á Administración pesqueira portuguesa.

A nova estrutura da Organización posibilitará a adhesión de buques de pavillón comunitario, algo que cobra especial relevancia tendo en conta a localización xeográfica da entidade e a estreita relación co veciño país luso.

Este carácter transfronteirizo poderá achegar novas posibilidades para os seus asociados, así como o crecemento da propia entidade, que xa conta con 39 palangreiros de superficie procedentes de seis
provincias españolas e de Portugal.

Comeza un novo escenario para a Organización, no cal, OR.PA.GU. espera poder optimizar os recursos pesqueiros dos que dispón a Unión Europea, contribuír á xestión sustentable da pesqueira e defender os intereses dos seus asociados dentro do marco internacional e comunitario.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies