Inicio Alto Minho A desestacionalización e elaboración dunha estratexia conxunta con Valença retos que Tui...

A desestacionalización e elaboración dunha estratexia conxunta con Valença retos que Tui debe asumir en Turismo

A desestacionalización e elaboración dunha estratexia conxunta con Valença retos que Tui debe asumir en TurismoForon parte das conclusións da xornada celebrada hoxe, na que tamén se fixo fincapé na sostibilidade

A desestacionalización do turismo e a súa potenciación conxunta con Valença no marco da Eurocidade son dous dos retos aos que se enfronta Tui de cara ao futuro no sector do turismo. Tamén a aposta polo Turismo 4.0 deben figurar na axenda de cara aos próximos anos.  Así se expuxo esta mañá na xornada “Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” que se celebrou na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos.

No acto inaugural o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirmou que o turismo é o principal motor económico no municipio, e afirmou que ao elaborar a estratexia turística, esta tense que plantexar conxuntamente con Valença porque “temos as mesmas potencialidades”, dicía o rexedor.  Tamén reflexionou sobre as ameazas que poden existir polo que dicía que hai que apostar por un turismo sostible, de calidade e especializado.

A xefa territorial da  Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, Mª José Echevarría, remarcou a aposta por un turismo de calidade, desestacionalizado e que sexa unha fonte de riqueza ao longo de todo o ano.

Tanto o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, coma a concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, coincidiron en sinalar, no acto inaugural,  as iniciativas que poden xurdir no eido turístico a raíz da xornada  celebrada hoxe. Aludiron tanto ao turismo sostible coma ao traballo conxunto con Valença, que permitan a consolidación do sector.  Igualmente o vereador de Turismo de Valença, Jose Monte, apuntou a situación estratexica da Eurocidade Tui-Valença e as potencialidades deste territorio, polo que hai que ollar, dicía, ao futuro e facelo dende a perspectiva da sostibilidade.

Na primeira ponencia Tamara Tilve, consulta de Valora, empresa que elaborou o Plan Director e Estratéxico de Turismo de Tui, explicou o proceso de elaboración deste documento, no que a participación foi un dos puntos importantes.  Repasou os catro retos plantexados nas conclusións xunto coas seis estratexias básicas a realizar no marco temporal do plan. Aludiu tamén á desestacionalización coma reto, a importancia da diferenciación, da sostibilidade e do turismo 4.0.

Nesta xornada presentouse a web de Turismo realizada polo alumnado do Obradoiro de Emprego “Percorre Tui”, concibida coma unha ferramenta accesible dende distintas plataformas e dinámica.

A parte final da xornada foi unha mesa redonda, desenvolvida co mesmo lema que o Día Mundial de Turismo deste ano “Turismo e emprego: un futuro mellor”. Na mesma participaron representantes de IDEA Consultores, Xeodestino Ría de Vigo, Clúster de Turismo de Galicia, Auturminho, e a Cámara de Comercio de Tui. Os novos perfís no sector do turismo, posibilidades de emprendemento, a competitividade ou o financiamento foron algúns dos puntos tratados.

Pechou a xornada Sandra Touza coa ponencia “Turismo sostible: a clave para o desenvolvemento do sector turístico”. Esta tarde haberá unha visita guiada ao Tui Xudeu para o público en xeral.

esta mañá na xornada “Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” que se celebrou na aula da UNED, n

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies