spot_img
InicioVal MiñorNigránVoluntarios de Nigrán retiran 800 kg de lixo do Esteiro da Foz...

Voluntarios de Nigrán retiran 800 kg de lixo do Esteiro da Foz na ‘XII Limpieza Simultánea’

Voluntarios de Nigrán retiran 800 kg de lixo do Esteiro da Foz na 'XII Limpieza Simultánea'Un total de 40 persoas (record de participación dende que o Concello de Nigrán se sumou hai cinco anos a esta campaña de concienciación ambiental) retiraron todo tipo de material, fundamentalmente vidro, plásticos, aparellos de pesca…

O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo ao “Proxecto Móllate polos Ríos”, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo na ‘XII Limpeza Simultánea’ en toda Galicia. Nesta ocasión participaron 40 persoas, o grupos de voluntarios máis numeroso ata a data, e entre todos reuniron vinte sacos con trozos de vidro (botellas fundamentalmente), plásticos, materias de pesca, neumáticos…

O Concello de Nigrán participa nesta xornada de concienciación ambiental dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

- Publicidade -spot_img