spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Deputación súmase ao Día Mundial do Enoturismo cunha cata no Castelo...

A Deputación súmase ao Día Mundial do Enoturismo cunha cata no Castelo de Soutomaior para promocionar os viños da provincia

Jimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de Soutomaior incorpora ao seu xardín ‘Con nome de muller’As persoas interesadas en asistir este domingo 12 ao evento, que contará coa presenza do presidente Luis López e incluirá tamén unha degustación de produtos e unha actuación musical, poden retirar xa as entradas na web do Castelo

Revista Cousas De Nº19

A Deputación de Pontevedra sumarase este domingo 12 de novembro xunto á Ruta do Viño Rías Baixas ás celebracións do Día Mundial do Enoturismo coa novena edición da Cata Amateur no Castelo de Soutomaior, aberta ao público e para a que xa están á venda as entradas na web do castelo (www.castelodesoutomaior.com). A institución provincial programa este evento, que se desenvolverá de 11:00 a 14:00 horas e contará coa presenza do presidente Luis López, co obxectivo de promocionar os viños e o produto turístico relacionado co sector vitivinícola na provincia.

Na cata, que estará amenizada con música en directo de Dani Barreiro & Friends e será conducida polo prestixioso sumiller Nacho Costoya, daranse a coñecer cinco viños da D. O. Rías Baixas, harmonizados con conservas galegas. A degustación terá lugar entre as 11:00 e as 14:00 euros e as persoas asistentes poderán visitar libremente o castelo a partir das 13:00 horas. Hai un total de cen prazas para o evento, que contará ademais cun concurso dirixido ao público asistente, que deberá acertar a combinación de viños na fase de cata a cegas. As entradas custan 8 euros e pódense adquirir ata un máximo de 9 por persoa.

O Día Mundial do Enoturismo está promovido pola Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN), co obxectivo de potenciar o turismo relacionado co viño e a promoción das zonas vinícolas como vertebradoras de territorios rurais e xeradores de riqueza económica, cultural e patrimonial. Celébrase todos os anos o segundo domingo de novembro e durante esta xornada teñen lugar diferentes actividades festivas e culturais en toda Europa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.