spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación programa durante o mes de setembro 28 obradoiros de capacitación...

A Deputación programa durante o mes de setembro 28 obradoiros de capacitación tecnolóxica para micropemes e autónomos nos puntos CPAE 2.0

Programa de capacitación tecnolóxica para micropemes e autónomos

 

 

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) da Deputación, onde as pequenas empresas e autónomos da provincia de Pontevedra atopan asesoramento TIC especializado, individualizado e continuado, inicia un mes de setembro de intensa actividade, coa programación de 28 obradoiros de capacitación tecnolóxica nos puntos CPAE 2.0 de Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo.

No CPAE 2.0 da Deputación de Pontevedra ofréceselles ás micropemes e autónomos, sen custo algún, servizos de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC, información na incorporación das Novas Tecnoloxías, capacitación tecnolóxica, demostración de produtos e solucións a través das TIC, acompañamento para o uso do comercio electrónico e procura de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico. Trátase dun servizo personalizado, individualizado e prolongado no tempo no que se acompaña ás empresas na incorporación de ferramentas informáticas que melloren a súa competitividade e produtividade. As seis oficinas, situadas en cada unha das comarcas de Pontevedra, están atendidas por asesores TIC altamente cualificados e por un equipo de coordinación de cinco persoas que se encargan de xerar os contidos e de resolver as cuestións más complexas.

Un dos servizos máis demandados por estes empresarios é o de capacitación tecnolóxica. O pasado mes de xullo organizáronse 47 eventos deste tipo en todos os puntos CPAE 2.0, ós que asistiron máis de 450 empresarios e autónomos. Neles tratáronse temas coma seguridade informática, adecuación de sistemas á LOPD e á LSSICE, e proporcionóuselles información ós asistentes sobre as plataformas de comercio electrónico. Os relatorios sobre estas materias foron impartidos por especialistas cualificados.

Para este mes de setembro xa están programados 28 obradoiros que se impartirán nas aulas de actividades anexas ós despachos de asesoramento, en cada un dos seis puntos CPAE 2.0 distribuídos por toda a provincia de Pontevedra. Estes darán servizo a aquelas pequenas empresas con menos de cinco empregados, profesionais autónomos e emprendedores das diferentes comarcas pontevedresas.

No mesmo mes de setembro terán lugar diferentes sesións maxistrais de temática legal sobre aspectos estratéxicos da propiedade industrial no sector das TIC (signos distintivos, know-how ou patentes, entre outros) que serán impartidas por Eli Salís, director de PwC Tax & Legal Services e responsable da Axencia de Propiedade Industrial da especialidade de intanxibles de PwC. Ademais repetiranse as sesións sobre seguridade informática que tanto interese espertaron entre os asesorados no mes de xullo.

Datas dos obradoiros sobre propiedade intelectual no sector das TIC

Impartidas por Eli Salís, experto en propiedade intelectual nas TIC

Martes 23 de setembro

Ás 13:00 horas, no CPAE 2.0 de Vigo (sede de Vigo da Deputación na rúa Oporto)

Ás 19:00 horas, no CPAE 2.0 de Cambados (Centro Comarcal ExpoSalnés).

Mércores 24 de setembro

Ás 13:00 horas, no CPAE 2.0 de Lalín (Polígono Lalín 2000)

Ás 19:00 horas, no CPAE 2.0 de Pontevedra (Edificio Administrativo da Deputación na avenida Montero Ríos)

Venres 26 de setembro

Ás 13:00 horas, no CPAE 2.0 de Ponteareas (Centro de Desenvolvemento Local en Ribadetea)

Ás 19:00 horas, no CPAE 2.0 do Porriño (Multicentro do Concello en Torneiros)

Obradoiros sobre seguridade informática

Terán lugar os días 29 e 30 de setembro nas aulas de actividades do CPAE 2.0 de Cambados, Pontevedra, Vigo e Lalín, de 13:00 a 15:00 horas nestas dúas primeiras localizacións e de 19:00 a 21:00 horas nas dúas restantes.

Eventos programados para setembro nos puntos CPAE 2.0

CPAE 2.0 de Lalín

16 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Redes Sociais, Primeiros Pasos
24 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Aspectos Estratéxicos da Propiedade Industrial no Sector das TIC (Signos Distintivos, Know-how e Patentes)
27 de setembroDe 11:00 a 13:00 h Redes Sociais, Primeiros Pasos
29 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Redes Sociais, Primeiros Pasos
30 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Seguridade Informática

 

CPAE 2.0 de Cambados

15 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Redes Sociais para a Venda e a Atención ó Cliente
20 de setembroDe 11:00 a 13:00 h Redes Sociais para a Venda e a Atención ó Cliente
22 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Aplicacións Móbiles para as Micropemes
23 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Aspectos Estratéxicos da Propiedade Industrial no Sector das TIC (Signos Distintivos, Know-how e Patentes)
29 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Seguridade Informática

 

CPAE 2.0 do Porriño

17 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Recursos e Ferramentas TIC para o teu Negocio
23 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Recursos e Ferramentas TIC para o teu Negocio
25 de setembro<De 19:00 a 21:00 h Aspectos Estratéxicos da Propiedade Industrial no Sector das TIC (Signos Distintivos, Know-how e Patentes)
27 de setembroDe 11:00 a 13:00 h Recursos e Ferramentas TIC para o Teu Negocio

 

CPAE 2.0 de Ponteareas

18 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Comercio Electrónico para Micropemes
20 de setembroDe 11:00 a 13:00 h Comercio Electrónico para Micropemes
23 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Como Utilizar Eficientemente Google e Google Apps for Business
25 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Aspectos Estratéxicos da Propiedade Industrial no Sector das TIC (Signos Distintivos, Know-how e Patentes)

 

CPAE 2.0 de Pontevedra

18 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Presencia Online: Iniciación ó Márketing Dixital
20 de setembroDe 11:00 a 13:00 h Presenza Online: Iniciación ó Márketing Dixital
23 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Presenza Online: Iniciación ó Márketing Dixital
24 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Aspectos Estratéxicos da Propiedade Industrial no Sector das TIC (Signos Distintivos, Know-how e Patentes)
30 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Seguridade Informática

 

CPAE 2.0 de Vigo

16 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Aplicacións Empresariais Esenciais
20 de setembroDe 11:00 a 13:00 h Aplicacións Empresariais Esenciais
23 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Aspectos Estratéxicos da Propiedade Industrial no Sector das TIC (Signos Distintivos, Know-how e Patentes)
25 de setembroDe 13:00 a 15:00 h Aplicacións Empresariais Esenciais
29 de setembroDe 19:00 a 21:00 h Seguridade Informática

 

Desde o Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación sinalan que nestes obradoiros de setembro abordaranse, dunha forma práctica, outros temas, coma as aplicacións empresariais esenciais para pemes e profesionais autónomos, as redes sociais dirixidas á venda e á atención ó cliente, a presenza en liña, algunhas recomendacións sobre o manexo de aplicacións básicas coma o uso do correo electrónico, a utilización eficiente de Google e Google Apps for Business, recursos e ferramentas para os negocios, almacenamento na nube, comercio electrónico para micropemes e a utilización de aplicacións móbiles para micropemes.

Pódese acceder á completa programación dos obradoiros que terán lugar nos puntos CPAE 2.0 ó longo dos vindeiros meses no portal www.cpae20.depo.es, habilitado pola Deputación de Pontevedra, e no que se proporciona información sobre os servizos que ofrece o centro. Neste mesmo portal as micro empresas e autónomos da provincia de Pontevedra poden solicitar cita previa. Ademais poden facelo a través do teléfono 886 202 020 ou no correo electrónico info.cpae20@depo.es

- Publicidade -spot_img