spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación organiza “A ruta do Museo”, con visitas guiadas polos seis...

A Deputación organiza “A ruta do Museo”, con visitas guiadas polos seis edificios do Museo de Pontevedra para celebrar o Día Internacional dos Museos

a-deputacion-organiza-a-ruta-do-museo-con-visitas-guiadas-polos-seis-edificios-do-museo-de-pontevedra-para-celebrar-o-dia-internacional-dos-museosCon motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, A Deputación organiza dúas visitas guiadas polos edificios do Museo de Pontevedra: “A ruta do Museo”.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

As visitas terán lugar o sábado 17 e o domingo 18 de maio, con saída ás 12:00 horas desde as Ruínas de San Domingos e cunha duración prevista de hora e media. Para participar é necesario inscribirse antes do venres ás 14:00 horas a través do formulario dispoñible na web do Museo.

O percorrido entrará nas Ruínas de San Domingos, o Edificio Castelao e o Edificio Sarmiento, ademais de visitar o exterior dos edificios Fernández López, Castro Monteagudo e García Flórez.  “A ruta do Museo” céntrase na historia dos edificios, da súa importancia na historia da cidade e da evolución dos seus usos ata converterse en parte do Museo de Pontevedra.

Esta actividade pretende poñer o acento na importancia de que a cidadanía coñeza o seu patrimonio e o vínculo que o une coa cultura e coa comunidade. Os edificios do Museo non son só as sedes nas que se conservan as súas coleccións, senón lugares emblemáticos da cidade e que xogaron diferentes papeis ao longo da historia. “A ruta do Museo” entronca así co lema do Día Internacional dos Museos deste ano: “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”.

Máis visitas e Xornadas de Educación

Os mesmos días 17 e 18, tamén ás 12:00 horas, o Museo ofrece as súas habituais visitas guiadas á colección permanente, que se desenvolven cada sábado e domingo. Teñen unha hora de duración e non é necesaria a inscrición previa.

A programación do Museo de Pontevedra polo Día Internacional dos Museos complétase coa celebración a finais de mes, os días 29 e 30 de maio, das IV Xornadas de Educación. Co título: “Museos e Comunidade: Xerando Sinerxías”, reunirá a profesionais de museos, asociacións e colectivos culturais de toda a península, cun programa que inclúe conferencias, mesas redondas, coloquios e presentación de comunicacións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.