spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Deputación investirá 550.000 euros nas obras de mellora da estrada provincial...

A Deputación investirá 550.000 euros nas obras de mellora da estrada provincial Gondomar-Chaín-Morgadáns

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o expediente de contratación das obras de mellora e acondicionamento da estrada provincial 2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns, que conta cun orzamento de 550.625,89 euros.

Os traballos incluirán a limpeza e rozado de marxes,  o ancheamento da estrada e a creación dunha senda peonil, para mellorar a visibilidade e a seguridade viaria

Así mesmo, renovarase a pavimentación da vía e dotarase de sinalización horizontal e vertical, ademais de canalizar as augas pluviais e repoñer os diferentes muros e servizos afectados polos traballos.
Os traballos permitirán mellorar a visibilidade e facilitar o tránsito tanto de peóns como rodado, dado que se trata dun treito de estrada no que se carece de espazo para a circulación peonil, o que dificulta a mobilidade dos veciños e veciñas da zona.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.