spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Deputación impulsa co Plan ReacPon a nova praza de Rosalía de...

A Deputación impulsa co Plan ReacPon a nova praza de Rosalía de Castro en Gondomar

Mercado Municipal no entorno da Praza de Rosalía de Castro

A presidenta Carmela Silva asinou na sede en Vigo o convenio para esta actuación  de adecuación urbana e sostible á que a Deputación achega case 670.000 euros

Esta nova actuación de recuperación do espazo público na vila será posible co Plan ReacPon da institución provincial, que se traducirá nun equipamento transformador e pensado para as persoas

A presidenta provincial, Carmela Silva, cualificou o proxecto de “modélico e exemplo a seguir”, que, amais, dá continuidade á transformación que tivo a Praza da Paradela, executada tamén con fondos da Deputación.

A actuación na Praza Rosalía de Castro ten como obxectivo impulsar a mobilidade, accesibilidade e seguridade neste espazo, recuperándoo para as persoas. Así transformarase unha superficie de máis de 2.500 metros cadrados creando unha gran praza con plataforma única e zonas verdes, iluminación sostible, zonas de descanso, aparcadoiros para bicicletas, mesados e asentos. Amais, contará con gravados da obra de Rosalía de Castro na zona dos xardíns para render homenaxe á grande escritora

- Publicidade -spot_img