spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación e Concelllos de Pontevedra súmanse a celebración do Día Mundial...

A Deputación e Concelllos de Pontevedra súmanse a celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

dia-mundial-de-concienciacion-sobre-autismoNo conxunto do Estado español existen preto de medio millón de persoas diagnosticadas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), o 80% delas desempregadas

A Deputación de Pontevedra e Concellos da provincia, vénse de sumar á campaña impulsada pola Confederación Autismo España con motivo da celebración, este domingo 2 de abril, do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A campaña, que ten por lema “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”, incide nos numerosos obstáculos aos que se teñen que enfrontar as persoas con esta condición á hora de poder desfrutar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte da comunidade dunha maneira plena.

Dende a Confederación Autismo España lembran a importancia de que a cidadanía sexa consciente de todas as barreiras que soportan as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias en todos os ámbitos da vida, xa que iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión das mesmas en todos os ámbitos da sociedade.

A modo de exemplo, practicamente a metade do alumnado con TEA, máis do 46%, sofre acoso escolar fronte ao 10% de alumnas e alumnos sen TEA que o padecen, por mor da súa vulnerabilidade no ámbito social e comunicativo. Ademais, o 80% das persoas diagnosticadas con TEA, que afecta a arredor de 450.000 persoas no conxunto do Estado, están desempregadas.

Por este motivo, dende entidades como a Confederación e a Federación Autismo Galicia invitan a toda a cidadanía a compartir as súas fotos ou vídeos rompendo o cartel que inclúe o lema “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible” nos seus perfís das redes sociais e co hashtag #DiaMundialAutismo. Tamén dan a posibilidade de envialas por WhasApp ao número 628 79 57 94. O cartel pode descargarse a través da seguinte ligazón: http://diamundialautismo.com/haz-un-gesto/, onde tamén hai dispoñible un cartel modificable en PDF no que cada quen poderá completar a frase “Para min unha barreira é…”. Esta iniciativa foi difundida a través das distintas redes sociais coas que conta a Deputación de Pontevedra.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva

A través desta campaña, a Deputación de Pontevedra súmase ás peticións do movemento asociativo do autismo a nivel estatal, autonómico, provincial e local, que reclama a regularización, estandarización e normalización de sistemas de sinalización e fomento da accesibilidade cognitiva en espazos públicos, para promover a participación das persoas con TEA nos mesmos. Ademais, no eido das TIC, sinalan fundamental garantir o seu emprego para facilitar a comunicación e o acceso cognitivo á información por parte destas persoas, entre outras das súas demandas.

Por iso, co apoio da institución provincial, reclaman ás institucións públicas con competencias na materia, pero tamén ao tecido empresarial e á sociedade en xeral, traballar de maneira conxunta co movemento asociativo do autismo, identificando e eliminando as barreiras ás que se enfrontan a diario, co fin de crear unha sociedade máis igualitaria e accesible en todos os ámbitos da vida. Deste xeito, asegurarase unha mellora da calidade de vida deste colectivo, consagrándose como cidadáns e cidadás de pleno dereito.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.