Inicio Pontevedra O Salnés A Deputación dotou a Igrexa de Paradela de Meis dun aparcamento de...

A Deputación dotou a Igrexa de Paradela de Meis dun aparcamento de 2.000 metros cadrados

Os traballos desenvolvéronse en dúas fases, cunha duración total de 30 días. Nas primeiras dúas semanas de traballo procedeuse ao recheo dos terreos con xabre e á súa compactación, mentres que na segunda, que finalizou o venres, se procedeu á nivelación e afirmado do terreo, dotándoo de áridos e un dobre tratamento superficial.

Desta forma, os usuarios deste templo dispoñen xa dun aparcamento en perfectas condicións para o seu uso, malia que a intención da Administración Provincial é completar os traballos cunha terceira fase na que se procederá á pavimentación do aparcamento, cunha capa de aglomerado en quente.

Estes traballos realizaranse dentro dun tempo prudencial, que permita que o terreo repouse e se consolide dado que, aínda que se realizou unha boa compactación, as condicións meteorolóxicas nas que se desenvolveron os traballos (con moitas choivas) e a gran cantidade de recheo que requiriu a construción do estacionamento, fai recomendable agardar unha maior consolidación.

Polo que respecta ao medios utilizados para a realización dos traballos, o recheo requiriu o uso dunha pala de cadeas, tres camións e unha retroescavadora; mentres que nos labores de afirmado se traballou cunha niveladora, pisón, pala mixta e camión.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies