spot_img
InicioO SalnésA Deputación dotou a Igrexa de Paradela de Meis dun aparcamento de...

A Deputación dotou a Igrexa de Paradela de Meis dun aparcamento de 2.000 metros cadrados

A Deputación dotou a Igrexa de Paradela de Meis dun aparcamento de 2.000 metros cadradosOs traballos desenvolvéronse en dúas fases, cunha duración total de 30 días. Nas primeiras dúas semanas de traballo procedeuse ao recheo dos terreos con xabre e á súa compactación, mentres que na segunda, que finalizou o venres, se procedeu á nivelación e afirmado do terreo, dotándoo de áridos e un dobre tratamento superficial.

Desta forma, os usuarios deste templo dispoñen xa dun aparcamento en perfectas condicións para o seu uso, malia que a intención da Administración Provincial é completar os traballos cunha terceira fase na que se procederá á pavimentación do aparcamento, cunha capa de aglomerado en quente.

Estes traballos realizaranse dentro dun tempo prudencial, que permita que o terreo repouse e se consolide dado que, aínda que se realizou unha boa compactación, as condicións meteorolóxicas nas que se desenvolveron os traballos (con moitas choivas) e a gran cantidade de recheo que requiriu a construción do estacionamento, fai recomendable agardar unha maior consolidación.

Polo que respecta ao medios utilizados para a realización dos traballos, o recheo requiriu o uso dunha pala de cadeas, tres camións e unha retroescavadora; mentres que nos labores de afirmado se traballou cunha niveladora, pisón, pala mixta e camión.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.