Ao longo do ano realizaron actividades enoturísticas para visitantes, outras para socios e varios actos promocionais con xornalistas estranxeiros
A Deputación de Pontevedra concedeu unha axuda de 70.000 euros á Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas para levar a cabo o plan de actuacións desta entidade.
A Ruta do Viño Rías Baixas é unha proposta turística que invita a descubrir o patrimonio do viño da DO Rías Baixas. Ofrece múltiples actividades e servicios turísticos. O seu obxectivo é ofrecer unha experiencia completa e de calidade aos visitantes e fomentar o desenvolvemento do territorio.
O ámbeto de influenza da asociación abarca 4 das 5 subzonas da DO: as comarcas do Salnés, O Rosal, Ribeira do Ulla e Condado do Tea. Non ofrecen un itinerario ríxido ou preestablecido senón que é o propio visitante quén o define dacordo ao seu gusto.
No Salnés, a ruta inclúe os concellos de Caldas, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. Na comarca de O Rosal, os concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño. No Condado do Tea abarca Salvaterra, As Neves e Arbo, e na Ribeira do Ulla inclúe o Concello coruñés de Vedra.
A Asociación está integrada por 106 entidades públicas e privadas, ainda que hai varias solicitudes de adhesión en trámite.
Os visitantes da Ruta poden disfrutar de 55 entidades enolóxicas (bodegas, enotecas e destilerías); 23 empresas turísticas: hoteis e restaurantes; 1 axencia de viaxes; 1 guía especializado; 6 museos; e 19 entes públicos (entre eles, concellos, o propio Consello Regulador e a sede de Turismo Rias Baixas).
Ao longo do ano 2014, desenvolveron as seguintes actividades:
1.- Actividades promocionales Enoturísticas:
- Ruta en Kayak: descenso polo Umia e visita a unha bodega.
- Yoga entre Viñedos: Sesión de yoga con visita a bodega.
- Bus do Viño: todos os sábados de agosto a outubro.
- Curso de Fotografía: Na vendimia (Xurxo Lobato).
- Vive a Vendimia: Ver todo o proceso de elaboración.
- Bici en Familia: Ruta en bici entre viñedos e bodegas.
- Concurso de Cata Amateur: Día Europeo do Enoturismo.
2.- Actividades para socios da Ruta:
- Viaje Intercambio entre Rutas: Coa do Ribera de Duero.
- De Viños coa Ruta: 2 Jornadas formativas.
- Sinerxias entre Asociados: visita a bodega para sinerxias
3.- Promoción da Ruta:
- Visita Revista Decanter: Revista británica.
- Visita Periodistas Chinos: promover a Enogastronomía.
- Visita Agencia de Viajes Rusa : Vinotur.ru para crear paquetes turísticos enfocados ao mundo do viño.
4.- Material promocional:
Folletos promocionales das subzonas. Merchandising. Video promocional da Ruta. Sinalización locais adheridos á



